Xabier Lorenzo Abalde, Creado con GeoGebra
Contrariamente ao que sucede na construción presentada no artigo Laboratorio diédrico. ggb.1.0.xb, nesta construción a maioría dos datos introdúcense gráficamente na representación diédrica. Logo empregando unha macro obtense a proxección cónica dos planos de proxección, a proxección cónica da figura e a proxección cónica das proxeccións diédricas da figura. A macro inclúe unha traslación dos afastamentos para conseguir que todos sexan negativos, un xiro de ata 360º dos planos de proxección e da figura, duas perspectivas cónicas (unha para cada ollo) e as traslacións correspondentes das perspectivas.
Para poder obter liñas vistas e ocultas a representación diedrica hai que construila en base a macros lóxicas; pero a este tema mellor adicarlle un artigo específico.