Estas primeiras semáns de curso estiven recopilando, para as clases de Debuxo Técnico II, algúns métodos alternativos aos clásicos que fixen uns anos atrás para o trazado dos polígonos regulares que deben constuirse por aproximación, xa que non hai método exacto posible con regra e compás.
Onte probei a facer este con GeoGebra, para darlle a interactividade dun regulador de avance, que permita aos alumnos revisar a construción, pero non paso a paso, senón de xeito contínuo, unha posibilidade da xeometría dinámica que xa ensaiara outras veces.
E ben, o mérito do método é que non leva moito máis tempo que o clásico (lado7 igual á metade de lado3), pero é unhas cen veces máis exacto teóricamente, aínda que esta diferencia non sexa visibel no papel por causa da imprecisión propia dos materiais de trazado que utilizamos.