Iniciar ao alumnado na xeometría dinámica

Entre as diferentes utilidades dos programas de xeometría dinámica, unha moi interesante é utilizalos para poñer en contacto ao alumnado de plástica co debuxo técnico. Mediante a interactividade podemos lograr que non o vexan como algo frío e ríxido, senón como un instrumento co que poden crear, experimentar e manexar deseños formais.
Hai uns días puxen unha entrada sobre GeoGebra elemental, adaptando o material utilizado como primeira iniciación nun curso para profesores. Mentras preparo cousas máis avanzadas, quero completar este nivel inicial con tres exemplos en vídeo, de construcións que podemos utilizar con alumnos de último ciclo de primaria e primeiro da ESO: como facer unha figura que responda a un regulador de tamaño, a un regulador de rotación, ou a outra figura simétrica. Están feitas con CaR Metal, pero poderían facerse con GeoGebra ou con Cabri prácticamente cos mesmos pasos.
Os alumnos destes niveis son capaces de facer este tipo de figuras guiados polo seu profesor ou profesora, e quedan encantados de ver que crearon algo interactivo. Se alguén cando lea isto non manexa a xeometría dinámica e está pensando en probar, tamén serían exemplos moi adecuados para un primeiro intento:
Figura con regulador de tamaño

Figura con regulador de rotación

Figuras simétricas

Versións con Geogebra:
Rotación
Simetría

This entry was posted in Cuestións técnicas, Xeral and tagged , . Bookmark the permalink.

Deixa unha resposta