Perspectiva cónica de cubo con reflexo

Para elaborar construcións como a proposta, na que hai que realizar recursivamente unha determinada serie de operacións, é preferible deseñar ferramentas específicas empregando macros. Nesta construción empregamos unha macro para a perspectiva do cubo, e outra para o seu reflexo.

Para construir esta perspectiva cónica prescindimos dos elementos auxiliares que empregamos habitualmente neste tipo de representación, e que dun modo equivoco se presentan ás veces como elementos determinantes da mesma.

O procedemento empregado na construción desta imaxe é radicalmente fiel á descripción do fenómeno perspectivo que fai Leon Battista Alberti  no seu tratado Della pittura, con xustiza adicado a Brunelleschi. Alberti plantexa a imaxe perspectiva como sección da pirámide visual mediante o plano de cadro, e así é como se procede precisamente para elaborar esta imaxe:

  1. Representamos en sistema diédrico a figura situada no 2º diedro e o punto de vista situado no 1º diedro.
  2. Trazamos rectas definidas por cada un dos vértices da figura e o punto de vista.
  3. Calculamos a interseccion destas rectas co plano vertical, que será ao tempo o plano de cadro (evidentemente esta operación e a anterior realizámolas cunha macro definida a partir dun punto situado como se explicou).
  4. Opcionalmente trasladamos os puntos resultantes segundo un vector paralelo á liña de terra (esta operación realizámola exclusivamente para desplazar a construción perspectiva da representación diédrica  evitando o solapamento das imaxes).

Este tema tratámolo Horacio G. D. e máis eu nun texto titulado A perspectiva no abismo no que  se desenvolven unha serie de ideas nas que se fundamenta unha maqueta interactiva presentada ao Artech 2006.

Save

Save

Save

Save

This entry was posted in Recursos, Xeral. Bookmark the permalink.

Deixa unha resposta