Elipsógrafos IV

Logo de ver o traballo publicado por Paulo Porta nestes artigos sobre elipsógrafos, tiven curiosidade por ver se era posible crear outros modelos simples baseados en propiedades diferentes das elipses. Centreime na construción da elipse a partir da súa definición como lugar xeométrico dos puntos do plano que equidistan dun punto dado e dunha circunferencia, sendo o primeiro un dos seus focos e a segunda a circunferencia focal correspondente ao outro foco. Descoñezo se xa existe un aparello que resolva esta situación; probablemente si. De momento inserto aquí un modelo en XD.

Este é un Applet de Java creado con GeoGebra desde www.geogebra.org – Java non parece estar instalado Java no seu equipo. Aconséllase dirixirse a www.java.com

Xabier Lorenzo Abalde, Creado con GeoGebra

Reedito esta entrada para incluir unha imaxe dun aparello co mesmo funcionamento que o do modelo anterior.

Lixeiras modificacions deste instrumento permíten trazar hipérbolas e parábolas.

Esta imaxe atopeina no Museo Universitario di Storia Naturale e della Strumentazione Scientifica Università degli studi di Modena e Reggio Emilia, no que podemos atopar infinidade de instrumentos de debuxo.

This entry was posted in Xeral and tagged , , , . Bookmark the permalink.

One Response to Elipsógrafos IV

  1. Paulo says:

    Estupendo. Precisamente cando acabei de postear os outros elipsógrafos xa estaba pensando que debín ter incluido este, xa que probablemente é o máis coñecido dentro dos que se constrúen con varas. Ademáis é o máis versátil, xa que serve para facer elipses, hipérbolas, e cunha guía perpendicular tamén parábolas. Aparece no repertorio do museo da Universidade de Módena como «conicógrafo». Tamén tiveches bó criterio en poñer o enlace, porque probablemente sexa un dos mellores sitios onde ver este tipo de aparellos. Cando menos na web é o máis completo. Tamén estaba moi lograda a sección «Máquinas para traçar curvas» na web da fundación FAPESP, da administración educativa de Sao Paulo, pero desapareceu hai meses.

Deixa unha resposta