Algunha vez fixen macros para trasvasar figuras de diédrico a isométrico. Hoxe quería preparar o terreo para pasar datos de diédrico a unha axonometría variable, así que fixen uns reguladores de ángulo (á esquerda) que indicando a dirección da visión, determinan a posición perspectiva dos eixos axonométricos, e tamén a súa reducción a partir dun tamaño dado (valor eixos, «4″ neste gráfico)
Este es un Applet de Java creado con GeoGebra desde www.geogebra.org – Java no parece estar instalado Java en el equipo. Se aconseja dirigirse a www.java.comNa posición inicial os ángulos alfa (respecto do eixo y, no plano horizontal) e beta (respecto de z) crean unha isometría, que podemos transformar noutra axonometría ortogonal calquera.
O seguinte paso vai ser organizar a localización de puntos dende vistas diédricas, mediante macros. Por outra banda tampouco estaría mal, para explicar nas aulas as diferentes axonometrías e coeficientes de redución, facer unha variante deste gráfico de hoxe, no que o usuario poida modificar directamente os ángulos no esquema axonométrico, e que o programa calcule os coeficientes resultantes.