Unha variante un pouco máis completa do applet que puxen nun artigo anterior, permite buscar redes poligonais xuntando polígonos regulares de 3 a 10 lados. Serve para que os alumnos comproben que só con certos polígonos ou determinadas combinacións podemos encher completamente o plano, e tamén poden experimentar a crear outro tipo de figuras, non só redes.
Na pantalla hai un segmento central para comezar a construción, pero logo de poñer algún polígono aconsello darlle ao segmento co botón dereito e ocultalo co comando «Mostra obxeto», para poder engadir máis polígonos tamén na parte inferior.