Laboratorio de diédrico. ggb.1.0.xb

This is a Java Applet created using GeoGebra from www.geogebra.org – it looks like you don’t have Java installed, please go to www.java.com

Xabier Lorenzo Abalde, Creado con GeoGebra

Esta construción permítenos relacionar a representación diédrica dunha recta dadas as súas trazas (sen ter en conta liñas vistas e ocultas) coa representación en perspectiva cónica da mesma recta xunto cos planos de proxección.

Esta construción podemos dividila en catro grandes bloques:

  1. Os esvaradores que permiten controlar as variables.
  2. A representación diédrica dos elementos (vinculados aos deslizadores).
  3. A representación diédrica dun sistema de planos de proxección ao que se vinculan os datos dos esvaradores (bloque oculto).
  4. Perspectiva cónica do bloque 3 segundo o explicado no artigo deste blog Perspectiva cónica dun cubo.

Hai xa anos que elaborei unha pequena colección de elementos representados dun modo similar ao explicado, para incluir nas aulas virtuais nas que traballo co meu alumnado de bacharelato. Estas construcións están feitas con Cabri, un software de xeometría dinámica co que traballei durante anos, e co que me sinto moi cómodo, pero que estou abandonando por ser software privativo e porque para ver os seus applets hai que facelo co Explorer.

Estou refacendo todo ese traballo en CarMetal, e ata o de agora non tiven grandes problemas, ao contrario, é un programa potente e cómodo para traballar (aínda que recoñezo que isto é moi subxetivo). Esta vez quixen probar a facer a construción co Geogebra, xa que é moi cómodo publicar applets de Geogebra nun blog.

Coñezo dous traballos nesta liña:

O da profesora Vera Viana; veraviana.net. Está feito con CarMetal e e non emprega a perspectiva cónica senón a cabaleira.

O do profesor José Antonio Cuadrado; Laboratorio virtual para el estudio del sistema diédrico e Giros en la geometría descriptiva. No primeiro recurre á perspectiva cabaleira e no segundo á isometría.

 

This entry was posted in Xeral and tagged . Bookmark the permalink.

3 Responses to Laboratorio de diédrico. ggb.1.0.xb

  1. En esta misma línea he estado trabajando desde hace ya 4 años por lo menos con CarMetal. Si no lo conocéis podéis ver algo parecido a la página que nos encontramos en:
    http://educacionplastica.net/zirkel/recta_diedrico.html

    Igual podemos compartir parte del trabajo y ahorrar tiempo.

    Fernando del I.E.S. de Tomiño

    • Desculpa por non citar o teu traballo no meu artigo, xunto a Veraviana e Cuadrado. Si, coñecia o teu traballo, e creo que é importante en canto ao emprego da xeometría dinámica na didáctica do debuxo.
      Sen embargo, en canto aos modelos virtuais, insisto en que deben realizarse en perspectiva cónica.
      En canto a compartir traballo, por suposto que si. De momento con este blog é o que pretendemos. Tamén cabe a posibilidade dunha colaboración máis formal.
      Por certo, as aulas virtuais que emprego co meu alumnado de bacharelato están parcialmente abertas entrando como convidado.
      http://debuxotecnico.com/

  2. Paulo says:

    Ola, Fernando. Anímate a participar con algún recurso ou con algún experimento.
    Eu tamén, como case todos os profesores/as de debuxo que coñezo, visito a túa páxina e utilizo as túas animacións que ilustran os diferentes sistemas, en especial as perspectivas axonométricas.
    O de compartir traballos paréceme o mellor que podemos facer. Pola miña parte, teño algún applet tamén semellante ao que presentaba aquí Xabier, concretamente nesta dirección:
    http://www.pauloporta.com/Xeometria/conico/perspectiva.html
    Entra no apartado «Punto». Aínda non aparece no inicio da miña web porque, como xa comentei nalgún artigo aquí, é unha unidade sobre o sistema cónico que levo un par de anos preparando e faltan varias seccións. A ver se lle dou un empuxe no nadal. En todo caso como non vin figuras túas en cónico igual atopas algunha utilizable.
    Saúdos.

Deixa unha resposta