Figura nun espazo perspectivo

Esta é unha pequena proba sobre a posibilidade de inserir unha imaxe nun gráfico Geogebra. A imaxe pode quedar fixa ou moverse cun punto (X). Tamén pode ter un tamaño fixo ou axustarse a tres puntos. Con esta opción facémola escalable e podemos incluíla nunha perspectiva. Hai outros aspectos a investigar, como por exemplo controlar a visibilidade (a orde en pantalla) dos elementos, poder colocar varias figuras e condicionar cal delas tapa ás demáis pola súa colocación, etc. Haberá que seguir probando, e no peor dos casos confiar en que futuras versións do programa permitan este tipo de condicións.

This entry was posted in Xeral and tagged . Bookmark the permalink.

2 Responses to Figura nun espazo perspectivo

  1. Moi interesante.
    Precisamente pensei que habería que poñerse a construir algo así ao ver esta actividade http://universalleonardo.org/playActivity.php?id=531 en Universal Leonardo http://universalleonardo.org/, un proxecto coordinado por Martin Kemp.

  2. Paulo says:

    Pois si, trátase do mesmo efecto, salvando as distancias. Hai un par de cousas que me gustan especialmente nese applet de Leonardo: que non é posible situar as columnas no espazo ocupado polas escalinatas e arcadas, e tamén que se superpoñemos dúas das columnas, sempre queda tapada a que situamos máis lonxe.
    Había hai un par de anos unha aplicación moi divertida sobre as figuras do cadro das Meninas, baseada na mesma idea, e feita por Javier Martín Arrillaga, pero agora non debe estar disponible, porque non a localizo.

    Realmente o que eu quixen foi probar ate onde pode chegar neste campo con Geogebra. Por suposto que hai programas máis adecuados e con máis flexibilidade para a situación de obxetos, pero calquera capacidade que vaia aparecendo en Geogebra sería un avance para os gráficos que nós facemos.

Deixa unha resposta