Triángulos e mandalas

Nos debuxos e construcións que realizo usando Xeometría Dinámica, dun tempo a esta parte, trato de achegarme a cuestións como a complexidade ou a organicidade. As curvas de Bezier, a aplicación recursiva de Macros e os fractáis son estratexias interesantes para achegarse a resultados complexos e orgánicos das que subirei exemplos en vindeiras ocasións, pero nesta primeira entrada, publico un exemplo algo mais sinxelo.

Tratase dunha aproximación a fascinante beleza da xeometría partindo dunha construción bastante antiga, que utilicei moitísimo como primeiro exercicio de achegamento a xeometría dinámica, tanto con rapaces da ESO como con adultos, nas distintas clases que imparto. Na seguinte ligazón da miña web, no punto ¿Qué é a Xeometría Dinámica?, atoparedes un titorial detallado de como debuxala paso a paso que se pode tomar como referencia para facer a construción en calquera programa de Xeometría Dinámica.

Unidades didácticas para Cabri Geomentre II

Moitos anos despois de debuxala por primeira vez, decateime da enorme similitude visual e conceptual que ten a construción cos mandalas e comecei a experimentar de novo con ela substituíndo os lados do triángulo con arcos de circunferencia.

Esquema da estrutura de cada ún dos pétalos

Este es un Applet de Java creado con GeoGebra desde www.geogebra.org – Java no parece estar instalado Java en el equipo. Se aconseja dirigirse a www.java.com

Resultado repetindo o pétalo multiples veces a través dunha macro

Este es un Applet de Java creado con GeoGebra desde www.geogebra.org – Java no parece estar instalado Java en el equipo. Se aconseja dirigirse a www.java.com

This entry was posted in Xeral. Bookmark the permalink.

Deixa unha resposta