Calcular distancias en diédrico

Ola. Continuando cos gráficos interactivos para facilitar aos alumnos de Debuxo Técnico a visualización de contidos, acabo de aumentar a sección Figuras interactivas na web do Departamento, con applets que mostran o funcionamento de 3 métodos diferentes para calcular gráficamente a distancia entre dous puntos. Este exemplo que vemos corresponde ao Abatemento (concretamente o método «trapecio». Tamén incluirei o abreviado ou «triángulo»), e os outros son o Xiro e o Cambio de plano.

 Aproveito para facer un comentario positivo e outro negativo: o positivo é que nas últimas versións de GeoGebra hai a posibilidade de ordenar a ventá alxebraica por orde de construción (aínda que desaparece con algunhas operacións ou ao editar propiedades de elementos, e hai que recuperala). Resulta moi cómoda por exemplo para localizar un elemento sabendo aproximadamente en que momento se incluíu na construción, pero sobre todo é estupendo para ocultar operacións intermedias, por exemplo cando trazamos varias rectas, circunferencias e interseccións para localizar un punto, borrámolas todas cómodamente na ventá alxebraica sen preocuparnos do difícil que poida resultar seleccionalas na ventá gráfica. En fin, que me axilizou moito o traballo.

O negativo: normalmente acepto as actualizacións de java, para que todo isto funcione ben, pero coa «java 7 update 15″ comezou unha invasión de ventás solicitando confirmación para permitir as «aplicacións java». Tantas como applets aparezan nunha páxina, imaxinade entrar neste blog. O caso é que quixen eliminar a actualización, pero non gardei en disco as anteriores, e na web de Oracle só ofrecen a última. En fin…

This entry was posted in Recursos and tagged , , , , . Bookmark the permalink.

Deixa unha resposta