Aquí vai un exemplo dunha figura feita coa última macro do artigo anterior (a que sitúa só a proxección directa en axonométrico).
Podemos mover a orixe do debuxo diédrico (P) ou da axonometría (O), variar os parámetros da pirámide (centro da base, altura da base e do vértice, medida do lado da base, orientación… ) e logo variar a dirección da proxección cos dous reguladores angulares, para ver diferentes axonometrías.
Para mellor manipular as figuras, descargar aquí o arquivo orixinal: PIRAMIDE.GGB Así tamén podemos visualizar o valor «eixos» e varialo para trazar os tres segmentos máis grandes ou máis reducidos.