Perspectiva cónica dun punto. Macro

Para construír esta macro prescindiremos dos elementos auxiliares que empregamos habitualmente na perspectiva cónica, e que dun modo equivoco se presentan ás veces como elementos determinantes da mesma.
O procedemento empregado nesta construción é radicalmente fiel á descrición do fenómeno perspectivo que fai Leon Battista Alberti  no seu tratado Della pittura, con xustiza adicado a Brunelleschi. Alberti formula a imaxe perspectiva como sección da pirámide visual mediante o plano de cadro, e así é como se procede precisamente para elaborar esta macro.
Consideraremos a superficie bidimensional da pantalla ao mesmo tempo como plano de cadro no sistema cónico e plano vertical e plano horizontal abatido no sistema diédrico, de tal xeito que estes tres elementos sexan coincidentes.
Consideraremos o eixe x como liña de terra en ambos sistemas.

1._Calcularemos en primeiro lugar a proxección cónica dun punto P:

1.1._ Situamos catro puntos libres: V1, P1, HV e HP. Os dous primeiros serán, respectivamente, as proxeccións horizontais do punto de vista, situado no primeiro cuadrante, e dun punto P do que calcularemos a súa proxección cónica, situado no segundo cuadrante. Os dous segundos definirán as súas respectivas cotas.

1.2._ Calculamos as proxeccións verticais V2 e P2 trazando as correspondentes perpendiculares e paralelas ao eixe x.

1.3._ Trazamos a recta definida polos puntos V e P e calculamos a posición da súa traza vertical.

1.4._ Xa que estamos situando o plano de cadro coincidente co plano vertical, esa traza Vr será precisamente a proxección cónica de P (P’).

2._ Agora elaboraremos unha macro para poder axilizar futuras construcións:

2.1._ A través do menú accederemos a Ferramentas/Crear nova ferramenta.

2.2._Escolleremos como obxecto de saída unicamente o punto P.

2.3._ Ao premer en Obxectos de entrada o programa suxírenos uns elementos a partir dos que sería posible obter o punto P’. Só temos que ordealos segundo prefiramos, tendo en conta que a orde deberá ser a mesma no momento de usar a ferramenta creada. A macro non terá en conta o nome dos diferentes elementos senón a orde de entrada.

2.4._ Asignamos un nome á ferramenta, e opcionalmente unha icona e unha axuda. É  recomendable aportar algunha información de axuda, especialmente se pensamos compartir o noso material.

3._ Realizaremos agora unha primeira construción. Algo moi simple para probar a nosa macro:

3.1._ Situamos catro puntos : V1, P1, HV e HP. V1 será un punto libre. P1 un punto sobre unha circunferencia de raio e centro dados. HV e HP os situaremos sobre o eixe y para organizar o mellor posible a construción.

3.2._ Coa ferramenta creada imos seleccionando os puntos na orde adecuada. Obteremos como resultado un punto P’, que moi probablemente se creará con outro nome, pero que cambiaremos simplemente seleccionando o punto e comezando a escribir o novo nome.

3.3._ Por último construiremos o lugar xeométrico do punto P’ para todas as posibles posición do punto P1. Obteremos logo a proxección cónica dunha circunferencia situada nun plano horizontal de cota HP.

 

Save

Save

Save

Save

Save

Save

Save

Save

Save

Save

This entry was posted in Xeral. Bookmark the permalink.

Deixa unha resposta