Durante este curso preparei algunhas actividades para introducir os alumnos de EPV de 1º no uso da aula virtual, nas escasas ocasións en que dispoño dun aula de ordenadores para as súas clases.
Esta semán, en concreto, puxen unha webquest para que fixesen redes bidimensionais equiláteras con cadrados e triángulos. Dispuxen o applet que vedes a continuación, con dúas macros ou ferramentas que xuntan triángulos equiláteros ou cadrados indicando un segmento (lado dun polígono xa existente), e probei a inserilo nunha webquest, reemplazando o elemento «Recursos» pola aplicación.
Tivemos problemas porque na maioría dos ordenadores non funcionou ou non demos instalado unha versión de java funcional (Tiña que ser forzosamente en Ubuntu con Firefox), pero onde chegou a funcionar foi un éxito. Este experimento de integrar applets de xeometría dinámica en webquest repetireino máis veces, seguro.
A webquest completa podedes vela AQUI
Saúdos.