Mostra de manuais e instrumentos de debuxo técnico

Cada varios meses, a Biblioteca do IES Xelmírez 1 de Santiago ofrece unha miniexposición. Agora mesmo está exposta nunha vitrina a miña colección de instrumentos de debuxo técnico e manuais de xeometría. Hai unha entrada no propio blogue da biblioteca, pero vouna poñer tamén aquí, con fotos máis nítidas.

Esta é a vitrina. Podedes ver esta imaxe ampliada, na que se distinguen as portadas da maioría dos libros. Os que ocupan o estante superior son bastante antigos. Un exemplo:

Portadilla e lámina de Institutionum elementarium philosophiæ de Andrea de Guevara, editado en 1800 en Venecia

En canto aos instrumentos, o que máis abunda son os compases, variados pero todos de tipo inglés, fabricados en latón e aceiro no século XIX, algún deles a primeiros do XX.

Compás con puntas desmontables, punzón/portaminas e punzón/plumilla

Tiraliñas con mangos tallados en marfil

Regra para o trazado de paralelas

Compas proporcional. As aberturas gardan unha razón proporcional graduable

This entry was posted in Xeral and tagged . Bookmark the permalink.

One Response to Mostra de manuais e instrumentos de debuxo técnico

Deixa unha resposta