Elipsógrafos (II)

Outro elipsógrafo de nome célebre é o de Leonardo, que podemos ver aquí nun modelo do museo da Universidade de Módena:
Elipsógrafo de Leonardo
O esencial do mecanismo é un elemento (A) conectado cun centro fixo (O) mediante dúas articulacións que forman un rombo (4 segmentos iguais). Mentras que A se despraza liñalmente, e as articulacións B ou C circularmente, calquera outro punto da recta AB descrebe unha elipse –Aquí vemos dúas-

Realmente é unha recreación das propiedades do elipsógrafo de Proclo, se temos en conta que o simétrico de A respecto de B sería un punto que se despraza sempre polo eixo horizontal, a unha distancia fixa de A. Varios contemporáneos de Leonardo fabricaron os seus propios mecanismos, e cen anos despois o matemático Van Schooten aportaba esta versión simplificada:

Acciónase movendo a articulación A arredor do centro O, mentras que B discorre por unha guía recta. A distancia AB debe ser a mesma que OA.

This entry was posted in Xeral and tagged , , , . Bookmark the permalink.

Deixa unha resposta