Este é un exemplo de construción de polígono regular a partir da medida lateral ou lado base. Ten unhas cantas operacións, pero ningunha delas complexa, e o grao de exactitude ou aproximación teórica é moi alto.
O método calcula unha aproximación ao raio teórico para localizar o centro xeométrico do polígono:
Cando teña unha colección un pouco completa, tanto de métodos clásicos como propios, crearei a sección correspondente na miña web e poñerei aquí os enlaces para descargar os applets e poder utilizalos nas clases. Saúdos.