Benvida

Somos un grupo de profesores preocupados pola didáctica do debuxo técnico, interesados na investigación de novas ferramentas e recursos, especialmente nos programas de xeometría dinámica.

O Obradoiro de Xeometría Dinámica celebrado en Brión en marzo de 2012, organizado pola Asociación Galega de Ensinantes de Debuxo e Artes plásticas (AGEDA) foi o detonante para facer realidade unha vella idea: crear este blog para dar continuidade e apertura ao noso traballo común.

Pretendemos desenvolver dun xeito creativo as capacidades do software de xeometría dinámica, dende a pura investigación formal ata a construción de materiais de uso práctico na docencia; compartir experiencias e propostas, e buscar novas aplicacións técnicas, estéticas, científicas, etc.

Queremos compartir este reto coas persoas interesadas, non necesariamente docentes da nosa especialidade, e convidar á participación a todos aqueles que se identifiquen co proxecto.

Deixa unha resposta