Nesta construción representamos os cinco poliedros regulares inscritos nunha esfera. Para velos basta con activar a casiña de verificación correspondente. É posible ter activadas simultaneamente cantas casiñas desexemos para poder apreciar relacións entre as figuras.
Sería perfecto dispor dunha colección maior na que estes corpos se presentasen en diversas posicións. Como pode verse é perfectamente posible, tan so se precisa unha pouca pacencia.