Disco de Alberti -applet-

Buscando temas interesantes para as primeiras sesións de TIC 1ºbacharelato decidín dedicar unhas clases a ver sistemas de numeración e tamén de cifrado de mensaxes -os rudimentos da encriptación-
O disco de Alberti serve para facer unha substitución sinxela das letras do alfabeto. Para poder utilizalo sen ter que fabricalo en madeira ou cartulina, fixen este applet en Geogebra, que sonsiste prácticamente en inserir dúas imaxes, unha delas con rotación.

En canto ao manexo de Geogebra non aporta moito, pero do que se trata é de mostrar exemplos da versatilidade da xeometría dinámica na creación de materiais interactivos. Como curiosidade, cargar aquí este applet vaime permitir utilizalo na clase sen ter que entrar en todos os ordenadores dos alumnos como administrador para instalar ou actualizar a versión de java. O que faremos é acceder a esta páxina, copiar a ruta, logo ir a www.geogebra.org/webstart/geogebra.htm para utilizar a versión en liña do programa, que pode abrila co comando Abrir>Abrir páxina web

This entry was posted in Recursos and tagged , . Bookmark the permalink.

Deixa unha resposta