Continuando coa unidade sobre o sistema cónico que algún día rematarei -sobre todo se non fago moitos gráficos interactivos como este- estiven preparando en GeoGebra o proceso de medición da distancia dun punto a unha recta calquera. Como hai que facer varias operacións, básicamente trazar polo punto un plano perpendicular á recta, logo resolver a intersección recta-plano e finalmente medir no espazo o segmento resultante, incorporei catro deslizadores que mostran o proceso de forma consecutiva.
Resulta un gráfico algo complexo, pero a idea é que ao estudar o sistema, este tipo de procedementos se poidan visualizar con detalle.