De vez en cando fago algunha figura interactiva para visualizar como en 3D (Cónico) elementos representados en Diédrico. Resultan útiles para explicar posicións diferentes de elementos pouco intuitivos, como rectas de perfil, ou planos paralelos a LT, como é este exemplo (mover os extremos das trazas v e h, e rotar a vista cónica):
Acabo de incluir un html de acceso a estas figuras na web do Departamento de Debuxo do Xelmírez 1, neste ENLACE. De momento son 5, pero irán aparecendo máis. Saúdos.