A Cidade Tecnolóxica de Vigo (
CITEXVI) atopase a 15 kilómetros do centro da cidade, nas Lagoas-Marcosende do Campus da Universidade de Vigo (
https://maps.google.es/). Esta institución é importante porque leva a cabo unha serie de funcións, todas elas orientados á dinamización da tecnoloxía. Entre elas, destaca a súa labor promotora de proxectos de
I+D+i para atraer ao sector empresarial. Cooperan, colaboran e fomentan contratos, sobre todo, nos ámbitos de
investigación, desenvolvemento e innovación, ademáis de proporcionar a experiencia que precisa a xuventude recén titulada. Contribúe ás telecomunicacións, tecnoloxías da información, enerxías e medio ambiente, ciencias mariñas, biomedicina e agroalimentarias.
Cómpre mencionar os variados servizos que oferta, asesorando as relación e apoio entre empresas, transferindo coñecemento tecnolóxico, difundindo unha cultura baseada na innovación, dando apoio aos emprendedores ou xestionando axudas para novos proxectos.
Esta entidade conta, ademáis, coa colaboración de empresas como Energylab, Gradiant, IMATIA, Innovation S.L, o Laboratorio Europeo de Referencia de Biotoxinas marinas, AESAN ou Phylogenomics….
Todos estos obxectivos lógranse mediante un uso exhaustivo de tecnoloxías que logran un desenvolvemento rápido de sistemas de información, administración electrónica e servizos de desarrollo e medida de software. Ademáis, non deixa de utilizar recursos tecnolóxicos de eficiencia ao medio ambiente, así como de difundilos para a industria, a construcción, o equipamento doméstico ou o transporte.
¿Pero que hai do persoal? ¿Quenes levan a cabo toda esta actividade? Pois actualmente hai unha enorme man de obra especializada en 260 grupos de investigadores, 30 dos cales calificados como grupos de excelencia, que acollen a licenciados en enxeñerías, Ciencias do Mar, Química…, en total suman unha plantilla de 1.628 persoas.
Dende logo, as construccións non poden quedar sen unha mención, xa que ademais do propio edificio, construido por autoridades da arquitectura e da estética, CITEXVI conta cunha gran variedade de infraestructuras. É salientábel o Edificio Fundación, que foi reconvertido co fin de albergar laboratorios de investigación e ámbitos tecnolóxicos.
CITEXVI é, sen dúbida, moi activa e dinámica, e nunca escasa de proxectos, conferencias, visitas… Recentemente celebrouse unha xornada organizada polo Centro de Excelencia de Vigo co fin de transferir coñecemento e valorar a colaboración entre empresas e universidades e o que contribúen estas a potenciar o tecido económico de Galicia. Nela, os participantes espuxeron as súas ideas, algunhas delas vinculadas coas enerxías renovables, a biotecnoloxía e a alimentación, que parecen estar dentro dos novos focos de interese na investigación realizada pola universidade.
Finalmente, merece ser destacado a súa labor solidaria, realizando campañas de recollida de alimentos non perecedeiros, que este ano fai fincapé na necesidade de productos infantiles como bolachas, cola cao, potitos, cereais, xel, colonias, etc e a súa invitación a todos os cidadáns a participar.
Na miña opinión todo o traballo levado acabo aquí é digno de admiración, non vos parece? Que diriades vós se fórades membros do congreso celebrado? Pensades en algo que poderiamos aportar nós como estudantes?
http://www.citexvi.es/