Período non presencial

Durante o período non  presencial no departamento de Tecnoloxía iremos propoñendo tarefas e comunicación co grupo nas plataformas habituais de traballo:

CursoMateriaPlataformaComunicación
2º ESOTecnoloxíaEDIXGAL

Foro de comunicación de grupo

Mensaxería EDIXGAL

2º ESO

Grupos B e D

Control e Introdución á Robótica 2ºEDIXGAL

Foro de comunicación de grupo

Mensaxería EDIXGAL

3º ESOTecnoloxíaAGUEIROMensaxería Agueiro
4º ESOTecnoloxía

www.auladetecnoloxia.com

AGUEIRO

Mensaxería Agueiro
4º ESOTICAGUEIROMensaxería Agueiro
1º BacharelatoTecnoloxía Industrial I

auladetecnoloxia.com

AGUEIRO

Mensaxería Agueiro

Habilitado un foro de comunicación de grupo

1º BacharelatoTIC IAGUEIRO

Mensaxería Agueiro

Habilitado un foro de comunicación de grupo

2º BacharelatoTecnoloxía Industrial IIAGUEIROMensaxería Agueiro
2º BacharelatoTIC IIAGUEIRO

Mensaxería Agueiro

Habilitado un foro de comunicación de grupo

BrionXbot

O proxecto Brionxbot resultou gañador do 1º premIo do Desafío Programación da categoría senior no Premio de innovación educativa “Desafíos STEM: Programación, robótica e impresión 3D convocado pola Consellería de Cultura, Educacion e O. U. Accede á nova na web do centro.

Este proxecto resultou gañador do 1º premio no concurso “Sensores 2018″ que convoca Igaciencia e que conta co patrocinio do Concello da Coruña. Accede á nova na web do centro.

Este proxecto foi presentado publicamente na Maker Faire Galicia 2018. Accede á nova na web do centro.

brion_x_bot_final_baixaProxecto interdisciplinar dos departamentos de Tecnoloxía e Debuxo realizado no curso 2017/18.

BrionXbot é un robot de seis patas distribuídas en dous trens situados nos costados dun corpo central ou chasis. Cada tren está formado por tres patas articuladas montadas sobre un cegoñal e ancoradas nun eixe fixo. A rotación do motor move estes mecanismos de tal xeito que os extremos das patas describen unha traxectoria cíclica de avance. Está dotado de diversos sensores que nos permiten recoller datos sobre distancias, temperatura, humidade e luminosidade. O Bluetooth e a pantalla LCD permiten ler e graficar os datos obtidos a través dun smartphone ou directamente no robot. Tamén é posible controlar os movementos do robot de modo remoto dende un teléfono móbil vía Bluetooth.

Accede á memoria do proxecto.

Descarga o vídeo do proxecto.

II Competición de robots da EEI

Excelentes resultados do alumnado de Brión na “II Competición de Robots da Escola de Enxeñería Industrial da Universidade de Vigo”, un certame que nesta edición contou coa participación de 157 equipos de toda Galicia e cerca de 900 alumnos e alumnas.

O alumnado de Tecnoloxía Industrial I, Debuxo Técnico I de 1º de Bacharelato e Tecnoloxía e Ed. Plástica e Visual de 4º de ESO participaron na competición programando e modificando os robots básicos.

O robot “Brión 5” acadou a terceira posición na categoría WALL-E Bacharelato, conseguindo o mellor tempo na proba de rastreo.
“Brión 1”, “Brión 3”, “Brión 4” e “Brión 6” acadaron moi bos resultados nos seus respectivos tapices, destacando especialmente na proba de rastreo.

Parabéns a todo o alumnado.

Prensa:

GCiencia: Invasión de robots na Universidade de Vigo

UVigo: Invasión autómata na Escola de Enxeñería Industrial

Faro de Vigo: Lucha de robots sobre tatami

YouTube: Combate de robots na Universidade de Vigo

Código cero: A II Competición de robots da uvigo dobra a cifra de asistencia respecto da anterior.

OSHWDem 2016

O pasado 21 de abril celebrouse na Domus da Coruña a 2ª edición do Concurso de Robótica Escolar da OSHWDem. Cinco equipos do IES de Brión de 4º de ESO ( Tecnoloxía e Ed. Plástica e Visual) e 1º de Bacharelato (Debuxo Técnico I e Tecnoloxía) participaron no evento, catro deles na categoría renacuajo e un na categoría libre.

Os tres renacuajos máis rápidos participaron na final, clasificándose así para a Liga Nacional de Robótica de competición, na categoría estudantes, acadando os 2º posto ( Brión 5), 3º posto (Brión 3) e 4º posto (Brión 6). Os equipos Brión 1 e Brión 4 quedan clasificados nos postos 6 e 9 respectivamente.

Axustes de última hora, optimización da programación, modelado e impresión en 3D de rodas e estruturas foron as principais innovacións nas que o alumnado estivo traballando para lograr mellorar considerablemente os tempos acadados polos robots na anterior edición da Oshwdem 2015.

 

 

Visita a Centros de Investigación

Despois dun traballo previo  de investigación sobre Centros de Investigación en Galicia realizado polo alumnado de 1º de Bacharelato de Tecnoloxía Industrial, o pasado 19 de marzo, desde o departamento organizamos unha Visita ao CITIUS Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías da Información e ao CIQUS Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares. Durante  a visita o alumnado realizou fotos e vídeos e á volta grabaron algunha das explicacións máis relevantes coa súa voz, en colaboración con Radio emBrión do Centro. Finalmente o material foi editado pola alumna Erica González, obtendo o seguinte resultado:

I+D+i en Galicia

No bloque temático de Tecnoloxía Industrial “ O proceso e os productos tecnolóxicos” incidimos na importancia da Investigación, Desenvolvemento e innovación (I+D+i) no proceso, realizada en centros tecnolóxicos ou de investigación.

I+D+i_1Este curso propoñemos ao alumnado unha  tarefa de búsqueda de información sobre algúns centros de investigación galegos de ámbitos moi diversos para coñecer a importancia do seu traballo.

As propostas de centros a estudar resumíronse nos seguintes post creados polo alumnado:

  • CIMUS, Centro Singular de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas, realizado por Erica González
  • CIQUS, Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares.
  • CITIUS, Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías da Información, realizado por Adrián Ferreiro pertencente á Universidade de Santiago de Compostela (USC)
  • Instituto de Cerámica de Galicia, pertencente á USC
  • Tecnópole, por Sergio Goyanes
  • CITEXVI, pertencente á Universidade de Vigo, realizado por Alejandro Ferreiro
  • Instituto Tecnolóxico de Galicia, realizado por Javier Dono
  • Sotavento, parque eólico experimental.

Wordle: Untitled

Posteriormente o alumnado grabou un programa de Radio en Radio
emBrión no cal resumiron os datos máis relevantes do traballo realizado. Preme na ligazón para escoitar o programa:

Tecnópole

O parque tecnolóxico de Galicia, Tecnópole, trátase dun entorno que se sustenta na innovación, fomentando a transferencia de coñecemento e de tecnoloxía e favorecendo a creación e o crecemento de empresas. Un dos seus obxectivos principais é fomentar as actividades de I+D+i, ao tempo que favorece a competitividade e o desarrollo empresarial.

Este centro pertence á Xunta de Galiza e ó NCG Banco S.A., e está ubicado en Ourense.

A actividade de I+D+i que se realiza no centro consiste na aplicación e desarrollo de novas tecnoloxías; relacións establecidas coa Universidade e centros tecnolóxicos; capacidade de atracción de outras empresas de alta tecnoloxía; persoal altamente cualificado; potencial científico,etc.

Colabora con diversas empresas, nas que cabe destacar:

  • ACUASEC
  • Advanced Comfort Systems Ibérica, S.L.U.
  • Céltica de Comp. del Automóvil, S.L.
  • Componentes Aeronáuticos Coasa SA
  • Coren CTI
  • Madera Plus Calidad Forestal S.L. 

No centro trabállase coas Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (TIC) e o resto está diversificado en varios sectores, cunha tendencia emerxente á especialización en dous ámbitos moi definidos: a biotecnoloxía e as enerxías renovables.

En Tecnópole traballan unhas 1.678 persoas moi cualificadas e con perfís tecnolóxicos e directivos.

Un proxecto moi interesante feito aquí, en tecnópole, foi o sistema antikamikazes para autopistas; mediante un dispositivo que consta de un sensor avisa ó condutor de que vai en carril contrario. Este sistema é moi barato e asequible.

Unha das actividades que me chamaron á atención foi o proxecto en marcha ER-INNOVA;

Trátase dunha iniciativa dirixida á posta en marcha dun servicio no ámbito da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal que fomente o uso de ferramentas avanzadas basadas nas TIC e destinadas ó sector das enerxías renovables.

O obxetivo é a mellora da competitividade das pymes enerxéticas mediante a optimización dos procesos empresariais básicos (xestión interna, relacións con todos os axentes que interactúan no sector, etc.) e a adecuación dun punto de encontro virtual para o intercambio de bens e servicios entre empresas e para o fomento das actividades de I+D+i colaborativas.

Fonte de información: http://www.tecnopole.es

 

Instituto Tecnolóxico de Galicia

Instituto Tecnolóxico de Galicia ITG  ten como obxetivo mellorar a capacidade competitiva das empresas, organizacións e profesionais a través da investigación e presentación de servizos profesionais no ámbito da sustentabilidade, a eficiencia enerxética e as novas tecnoloxías. Este atópase situado na calle Breogán , A Coruña ,Galicia. Localización.

O instituto tecnolóxico galego ten unha acreditada experiencia en I+D avalada pola participación en proxectos de ámbito rexional, estatal, e europeo. Dita actividade está recoñecida e permítelles estar presentes nas principais plataformas tecnolóxicas e redes de innovación. Destacan en I+D de comunicaciones inalámbricas, a eficiencia enerxética,  tecnoloxías da construcción e enxeñería de software.

Oferta entre outras cousas :

  •  Formación: ten a nosa disposición cursos de formación de asesores Breeam.

Co itg colaboran empresas moi diversas pero principalmente:

  •  Applus+ é a primeira multinacional española do sector da certificación, referente global tecnolóxico para a avaliación da conformidade e referente específico no ámbito da inxeñería de productos e procesos.
  •  BEGANO é unha das sete sociedades embotelladoras independientes en Españados productos que levan as marcas da compañía Coca-Cola.

 

Das últimas novas de prensa que estiven lendo unha chamoume a atención , que é: Itg presenta os resultados de MISCOM, marketing inteligente en superficies comerciales. Pois nela móstrase como os grandes comercios nos enganan situando as cousas de primeira necesidade contra o final do comercio e polo tanto que de camiño vexamos cousas e piquemos en mercalas.

Probablemente a actividade que máis me chama a atención é a de investigación I+D xa que a súa experiencia levao neste campo ate ser un dos punteiros de Galicia e incluso de Europa.

 

 

 

 

CITEXVI, Innovación e Tecnoloxía

A Cidade Tecnolóxica de Vigo (CITEXVI) atopase a 15 kilómetros do centro da cidade, nas Lagoas-Marcosende do Campus da Universidade de Vigo (https://maps.google.es/). Esta institución é importante porque leva a cabo unha serie de funcións, todas elas orientados á dinamización da tecnoloxía.  Entre elas, destaca a súa labor promotora de proxectos de I+D+i para atraer ao sector empresarial. Cooperan, colaboran e fomentan contratos, sobre todo, nos ámbitos de investigación, desenvolvemento e innovación, ademáis de proporcionar a experiencia que precisa a xuventude recén titulada. Contribúe ás telecomunicacións, tecnoloxías da información, enerxías e medio ambiente, ciencias mariñas, biomedicina e agroalimentarias.

Cómpre mencionar os variados servizos que oferta, asesorando as relación e apoio entre empresas, transferindo coñecemento tecnolóxico, difundindo unha cultura baseada na innovación, dando apoio aos emprendedores ou  xestionando axudas para novos proxectos.

Esta entidade conta, ademáis, coa colaboración de empresas como Energylab, Gradiant, IMATIA, Innovation S.L, o Laboratorio Europeo de Referencia de Biotoxinas marinas, AESAN ou  Phylogenomics….

Todos estos obxectivos lógranse mediante un uso exhaustivo de tecnoloxías que logran un desenvolvemento rápido de sistemas de información, administración electrónica e servizos de desarrollo e medida de software. Ademáis, non deixa de utilizar recursos tecnolóxicos de eficiencia ao medio ambiente, así como de difundilos para a industria, a construcción, o equipamento doméstico ou o transporte.

¿Pero que hai do persoal? ¿Quenes levan a cabo toda esta actividade? Pois actualmente hai unha enorme man de obra especializada en 260 grupos de investigadores, 30 dos cales calificados como grupos de excelencia, que acollen a licenciados en enxeñerías, Ciencias do Mar, Química…, en total suman unha plantilla de 1.628 persoas.

Dende logo, as construccións non poden quedar sen unha mención, xa que ademais do propio edificio, construido por autoridades da arquitectura e da estética, CITEXVI conta cunha gran variedade de infraestructuras. É salientábel o Edificio Fundación, que foi reconvertido co fin de albergar laboratorios de investigación e ámbitos tecnolóxicos.

CITEXVI é, sen dúbida, moi activa e dinámica, e nunca escasa de proxectos, conferencias, visitas… Recentemente celebrouse unha xornada organizada polo Centro de Excelencia de Vigo co fin de transferir coñecemento e valorar a colaboración entre empresas e universidades e o que contribúen estas a potenciar o tecido económico de Galicia. Nela, os participantes espuxeron as súas ideas, algunhas delas vinculadas coas enerxías renovables, a biotecnoloxía e a alimentación, que parecen estar dentro dos novos focos de interese na investigación realizada pola universidade.

Finalmente, merece ser destacado a súa labor solidaria, realizando campañas de recollida de alimentos non perecedeiros, que este ano fai fincapé na necesidade de productos infantiles como bolachas, cola cao, potitos, cereais, xel, colonias, etc e a súa invitación a todos os cidadáns a participar.

Na miña opinión todo o traballo levado acabo aquí é digno de admiración, non vos parece? Que diriades vós se fórades membros do congreso celebrado? Pensades en algo que poderiamos aportar nós como estudantes?

http://www.citexvi.es/

CITIUS, O FOGAR DOS AVANCES TECNOLÓXICOS

CITIUS é o Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías da Información, situado no Campus Vida da USC na cidade de Santiago de Compostela.
Algúns proxectos nos que se traballa no CITIUS son fusión de datos de sensores mediante SOS,  unha ferramenta que facilita o desenvolvemento de servizos de publicación de observacións de sensores e permite a integración de distintas fontes de datos de observación dentro dun único servizo ou Govocitos que é un software para a estimación da fecundidade en peixes analizando imaxes histolóxicas das súas gónadas.
CITIUS traballa con empresas de ámbito tecnolóxico como por exemplo IBM, Tecnocom ou Ingeteam entre outras moitas.
O centro consta de máis ou menos 200 traballadores entre persoal adscrito, investigadores postdoctorales, investigadores en formación e persoal de apoio.
Como unha infraestructura relevante podo destacar o laboratorio de contidos dixitales: Tratase de un laboratorio para a experimentación entre persoa e computadora mediante unha animación 3D  e en prototipos de entornos de realidade virtual aumentada. Este laboratorio consta dunha pantalla no chan que capta todos os movimentos. Tamén contén varios dispositivos de interacción de  equipos de altas prestacións de videoxogos e interfaces de realidades aumentada.

Entre as novidades do centro chamoume a atención que van a participar no proxecto de Planing for Energy Efficient Cities, un proxecto para acadar a concepción de cidade intelixente, enerxeticamente eficiente e sostible.

Fonte de información: https://citius.usc.es/