STEAM en feminino
Ciencia Singular 2020
Autopsia Tecnolóxica
A partir da proposta Autopsia Tecnolóxica do portal educativo Aulas Galegas o alumnado de Tecnoloxía do IES de Brión preséntanos interesantes análises de obxectos para investigar como funcionan, que compoñentes teñen é a súa función no conxunto.
Iria Maceiras de 4º ESO desmonta unha fonte de alimentación:
Accede ao seu traballo : Fonte_alimentación_autopsia_tecnoloxica
Simón Rivas de 4º ESO desmonta un deshumidificador e identifica parte dos seus compoñentes: 1.Ventilador 2.Compresor 3.Radiador/Evaporador 4.Chapa (estrutura exterior) 5.Rejillas laterales 6.Tornillos, tuercas y arandelas del aparato 7.Depósito de auga 8.Chapa (estrutura interior ) 9.Cableado
Adán Maroñas de 4º ESO desmontou un teledirixido que non funcionaba, soldou o cable e editou este estupendo vídeo para amosarnos o seu traballo:
Ademais explicounos o que aprendeu no proceso sobre o funcionamento, a estrutura e a distribución de compoñentes: motores, placa, portapilas.
“Sobre a placa atópase un interruptor, que é o que encende e apaga o teledirixido, unha antena que vai atornillada á placa, un microchip, varios condensadores e un pequeno altofalante xa que se ve que o xoguete tamén emitía sons. Da placa saen dous cables de alimentación que van ao soporte das pilas(un deles foi o que reparei) e outros catro cables: dous para cada motor. Pola parte dos motores, temos o que impulsa a cuadrimoto, que está conectado ás rodas por medio de varios engrenaxes para diminuir as revolucións e tamén transmitir o movemento ata as rodas. Hai outro motor que é o da dirección, colocado na parte traseira. Este xa non leva tantos engranaxes, pero si que leva unha peza para cambiar a dirección do movemento. Ambos motores levan un condensador cerámico para que sexan capaces de encender.” Adán Maroñas Calvelo. 4º B
STEAM MATES
Un curso máis e mesmo nestas circunstancias extraordinarias, participamos na 4ª edición de Wisibilízalas, convocatoria do Departamento ETIC da Universidade Pompeu Fabra que presenta os seguintes obxectivos:
- Romper estereotipos de xénero asociados a carreiras STEM.
- Potenciar referentes femininos actuais que servan de inspiración as máis xóvenes.
- Promocionar o uso da tecnoloxía e o traballo en grupo mediante a creación de páxinas web.
STEAM MATES é a páxina creada por alumnado das materias de Debuxo Técnico e TIC de 1º de Bacharelato, na que presentamos a un grupo de científicas e enxeñeiras galegas ou que traballan en Galicia: Elena Vázquez, Mar Capeáns, Ana María González, Joana Silva, Mabel Loza, María Pardo, María Rilo, Paula Ojea, Mónica Bugallo, Carmen Misa e Soledad Torres, ás que agradecemos a súa participación no proxecto.
Esperamos que vos guste
De volta ao instituto
A exalumna Carmen Trigo Cobas, participante moi activa en proxectos no centro e actualmente estudante de Enxeñería Informática, volveu ás aulas do instituto para impatir unha charla ao alumnado actual de Tecnoloxía Industrial I e TIC I. Carmen describiu a súa experiencia, como única rapaza nun grupo de rapaces, a participación nos proxectos, o paso á Universidade, e respondeu ás preguntas, dúbidas e inquietudes plantexadas polo alumnado.
Alumnado e profesorado agradecemos a colaboración de Carmen, agardando repetir a experiencia.
Día Internacional das rapazas nas TIC

O próximo 23 de abril de 2020 é o Día Internacional das rapazas nas TIC, organizado polo aula e-learning do CESGA e celébrase mediante multiconferencia web, debido á situación derivada da pandemia por COVID-19.
É unha gran oportunidade de coñecer a 4 protagonistas que contarán en primeira persona o que a tecnoloxía pode aportar en diversos campos para mellorar a vida de todos, e preguntarlles todo o que queiramos sobre os seus traballos, como chegaron a eles, etc. Elas son:
- Amparo Alonso Betanzos, Catedrática de C. Computación e Intelixencia Artificial da Facultade de Informática da UDC e presidenta de AEPIA (Asociación Española de Intelixencia Artificial).
- María Fernández Hermida, artista dixital galega da industria dos videoxogos.
- Isabel Expósito Pérez, enxeñeira en Telecomunicacións da Universidade de Vigo, na especialidade de comunicacións de radio.
- Patricia Mañana Borrazás, arqueóloga, coordinadora do proyecto DIMENSO e profesora de cursos sobre Tecnoloxías Digitais de Documentación Xeométrica e Representación do Patrimonio no CSIC.
É unha celebración a nivel internacional, orientada a motivar ás novas xeracións de mozas para que consideren o ámbito das TIC para o seu desenvolvemento académico, investigador e profesional. Información do movemento a nivel internacional.
Desde o departamento de Tecnoloxía do instituto participaremos na actividade, como vimos facendo nos últimas edicións.
Período non presencial
Durante o período non presencial no departamento de Tecnoloxía iremos propoñendo tarefas e comunicación co grupo nas plataformas habituais de traballo:
Curso | Materia | Plataforma | Comunicación |
2º ESO | Tecnoloxía | EDIXGAL | Foro de comunicación de grupo Mensaxería EDIXGAL |
2º ESO Grupos B e D | Control e Introdución á Robótica 2º | EDIXGAL | Foro de comunicación de grupo Mensaxería EDIXGAL |
3º ESO | Tecnoloxía | AGUEIRO | Mensaxería Agueiro |
4º ESO | Tecnoloxía | Mensaxería Agueiro | |
4º ESO | TIC | AGUEIRO | Mensaxería Agueiro |
1º Bacharelato | Tecnoloxía Industrial I | Mensaxería Agueiro Habilitado un foro de comunicación de grupo | |
1º Bacharelato | TIC I | AGUEIRO | Mensaxería Agueiro Habilitado un foro de comunicación de grupo |
2º Bacharelato | Tecnoloxía Industrial II | AGUEIRO | Mensaxería Agueiro |
2º Bacharelato | TIC II | AGUEIRO | Mensaxería Agueiro Habilitado un foro de comunicación de grupo |
Nada por todo no 11F
Vídeo creado no curso 2’17/18 polas agora ex-alumnas Sara Picos, Noelia Canda e Carla Villar sobre científicas olvidadas. Un bo momento para recordar o seu traballo e o das magníficas científicas que representan.
Día internacional da nena e muller na Ciencia
No 11 de febreiro desde o departamento, queremos recordar o blog realizado o curso pasado por dúas ex-alumnas do noso IES na materia de TIC II, no que recopilaron algúns traballos realizados nos cursos anteriores sobre esta temática.
Non deixedes de visitalo https://carliaticii.wixsite.com/mulleres-elas
Parabéns ás autoras: Carla Villar e Noelia Canda