Un curso máis e mesmo nestas circunstancias extraordinarias, participamos na 4ª edición de Wisibilízalas, convocatoria do Departamento ETIC da Universidade Pompeu Fabra que presenta os seguintes obxectivos:
- Romper estereotipos de xénero asociados a carreiras STEM.
- Potenciar referentes femininos actuais que servan de inspiración as máis xóvenes.
- Promocionar o uso da tecnoloxía e o traballo en grupo mediante a creación de páxinas web.
STEAM MATES é a páxina creada por alumnado das materias de Debuxo Técnico e TIC de 1º de Bacharelato, na que presentamos a un grupo de científicas e enxeñeiras galegas ou que traballan en Galicia: Elena Vázquez, Mar Capeáns, Ana María González, Joana Silva, Mabel Loza, María Pardo, María Rilo, Paula Ojea, Mónica Bugallo, Carmen Misa e Soledad Torres, ás que agradecemos a súa participación no proxecto.
Esperamos que vos guste