Tecnólog@ por un día

Actividade do programa Digitalent na que estudantes de 12 a 17 anos poderán achegarse ás  profesións dixitais  e ter a oportunidade de experimentar, en primeira persoa, dunha xornada laboral con profesionais das empresas do sector TIC de Galicia. Inscripcións ata o 2 de novembro.

Fonte de información: Tecnólog@ por un día. Digitalent

 

STEAM MATES

Un curso máis e mesmo nestas circunstancias extraordinarias, participamos na 4ª edición de Wisibilízalas, convocatoria do Departamento ETIC da Universidade Pompeu Fabra que presenta os seguintes obxectivos:

  • Romper estereotipos de xénero asociados a carreiras STEM.
  • Potenciar referentes femininos actuais que servan de inspiración as máis xóvenes.
  • Promocionar o uso da tecnoloxía e o traballo en grupo mediante a creación de páxinas web.

STEAM MATES é a páxina creada por alumnado das materias de Debuxo Técnico e TIC de 1º de Bacharelato, na que presentamos a un grupo de científicas e enxeñeiras galegas ou que traballan en Galicia: Elena Vázquez, Mar Capeáns, Ana María González, Joana Silva, Mabel Loza, María Pardo, María Rilo, Paula Ojea, Mónica Bugallo, Carmen Misa e Soledad Torres, ás que agradecemos a súa participación no proxecto.

Esperamos que vos guste

De volta ao instituto

A exalumna  Carmen Trigo Cobas, participante moi activa en proxectos no centro e actualmente estudante de Enxeñería Informática, volveu ás aulas do instituto para impatir unha charla ao alumnado actual de Tecnoloxía Industrial I e TIC I.  Carmen describiu a súa experiencia, como única rapaza nun grupo de rapaces, a participación nos proxectos, o paso á Universidade, e respondeu ás preguntas, dúbidas e inquietudes plantexadas polo alumnado.

Alumnado e profesorado agradecemos a colaboración de Carmen, agardando repetir a experiencia.

Día internacional da nena e muller na Ciencia

No 11 de febreiro desde o departamento, queremos recordar o blog realizado o curso pasado por dúas ex-alumnas do noso IES na materia de TIC II, no que recopilaron algúns traballos realizados nos cursos anteriores sobre esta temática.

Non deixedes de visitalo https://carliaticii.wixsite.com/mulleres-elas

Parabéns ás autoras: Carla Villar e Noelia Canda

As mulleres no mundo das TIC

Desde o 4 ata o 16 de febreiro, conmemorando o 11F disfrutamos na entrada do instituto da exposición cedida polo CITIUS temporalmente sobre mulleres representativas nas TIC.

A exposición que repasa as contribucións de dez científicas e tecnólogas destacadas para facer visible o seu legado e tamén promover vocacións tecnolóxicas entre rapazas e mulleres novas.

Esta imaxe ten o atributo alt baleiro; o seu nome de arquivo é exposicion_tic_1.png Esta imaxe ten o atributo alt baleiro; o seu nome de arquivo é exposicion_tic_2.jpg