O 4 de novembro celébrase o IV Día da Ciencia e a Tecnoloxía en Galego adicado este ano á relación arte-ciencia e nomeadamente ás figuras de Isaac Díaz Pardo, R. Buckminster Fuller e Florence Nightingale. Desde o IES de Brión querémosvos propor unha serie de actividades coas que poderedes descubrir algo novo desta interesante relación.
A proposta está pensada para o alumnado de 4º de ESO e as respostas realizarnase a modo de comentario, publicando aquelas máis interesantes.
- No blog Arquyma, publícase un artigo sobre a figura de Richard Buckminster Fuller (1895-1983). http://arquyma.blogspot.com.es/2011/03/richard-buckminster-fuller-el.html
- Ivorypress, publica o vídeo: Bucky Fuller & Spaceship Earth
Consulta as ligazóns para aproximarte aos deseños do autor e resposta ás seguintes cuestións:
-
Por que pensas que Fuller plantexa que o mellor mestre dos creadores e o máis eficiente dos deseñadores debía ser a natureza?
-
En que deseños pensas que plasma esta idea?
-
Que entendes por eficiencia enerxética e dos materiais?
-
Cómo relacionas estas ideas co desenvolvemento sostible
-
Indica algún exemplo de deseños de Fuller nos que penses que reflicte os principios de eficiencia enerxética e dos materiais e razoa a resposta.
-
Destaca un exemplo actual de eficiencia enerxética e/ou dos materiais no teu entorno próximo.
-
Cómo entendía Fuller o actual concepto de reciclaxe?
-
Indica algún exemplo no cal crees que se se cumpre esta idea de reciclaxe.