O parque tecnolóxico de Galicia, Tecnópole, trátase dun entorno que se sustenta na innovación, fomentando a transferencia de coñecemento e de tecnoloxía e favorecendo a creación e o crecemento de empresas. Un dos seus obxectivos principais é fomentar as actividades de I+D+i, ao tempo que favorece a competitividade e o desarrollo empresarial.
Este centro pertence á Xunta de Galiza e ó NCG Banco S.A., e está ubicado en Ourense.
A actividade de I+D+i que se realiza no centro consiste na aplicación e desarrollo de novas tecnoloxías; relacións establecidas coa Universidade e centros tecnolóxicos; capacidade de atracción de outras empresas de alta tecnoloxía; persoal altamente cualificado; potencial científico,etc.
Colabora con diversas empresas, nas que cabe destacar:
- ACUASEC
- Advanced Comfort Systems Ibérica, S.L.U.
- Céltica de Comp. del Automóvil, S.L.
- Componentes Aeronáuticos Coasa SA
- Coren CTI
- Madera Plus Calidad Forestal S.L.
No centro trabállase coas Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (TIC) e o resto está diversificado en varios sectores, cunha tendencia emerxente á especialización en dous ámbitos moi definidos: a biotecnoloxía e as enerxías renovables.
En Tecnópole traballan unhas 1.678 persoas moi cualificadas e con perfís tecnolóxicos e directivos.
Un proxecto moi interesante feito aquí, en tecnópole, foi o sistema antikamikazes para autopistas; mediante un dispositivo que consta de un sensor avisa ó condutor de que vai en carril contrario. Este sistema é moi barato e asequible.
Unha das actividades que me chamaron á atención foi o proxecto en marcha ER-INNOVA;
Trátase dunha iniciativa dirixida á posta en marcha dun servicio no ámbito da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal que fomente o uso de ferramentas avanzadas basadas nas TIC e destinadas ó sector das enerxías renovables.
O obxetivo é a mellora da competitividade das pymes enerxéticas mediante a optimización dos procesos empresariais básicos (xestión interna, relacións con todos os axentes que interactúan no sector, etc.) e a adecuación dun punto de encontro virtual para o intercambio de bens e servicios entre empresas e para o fomento das actividades de I+D+i colaborativas.
Fonte de información: http://www.tecnopole.es