WISIBILIZALAS: MULLERES GALEGAS
Antía Fernandez

Antía Fernández

Eva Dafonte

Eva Dafonte

María jose malmierca

Mª José Malmierca

Verónica Ramallal

Verónica Ramallal

Carmen García Mateo

Carmen García Mateo

Nieves Rodrigez Brisaboa

Nieves R. Brisaboa

O IES de Brión participa na segunda edición do concurso Wisibilízalas.

Os principais obxectivos de Wisibilízalas son visibilizar ás mulleres que traballan no ámbito das TIC, e aumentar as referencias femininas no ámbito da Ciencia e a Tecnoloxía. O noso traballo centrouse en mulleres galegas relacionadas coas TIC en ámbitos académicos, na empresa, na investigación e no e-learning.

Por iso realizamos unha profunda busca grupal de mulleres galegas que desenvolven o seu labor profesional no contexto das TICs e realizan un grande esforzo para deixarnos hoxe un gran exemplo a seguir.

Agradecemos ás mulleres TIC galegas que forman parte do proxecto a súa colaboración, en especial a Carmen García Mateo que nos acompañou unha tarde e coa que aprendimos sobre mulleres, TIC, ciencia, sociedade e sobre a vida en xeral.

O traballo foi realizado por alumnado do grupo TIC de 1º de Bacharelato: Diego Baleirón Pais, Noelia Candá Pazos, Antón Carcedo Martínez, Verónica Godoy Antelo, David Gualillo Lago, Alberte Xosé López Freire, Ainhoa Pérez Raña, Carla Villar Covas, Fátima Viqueira Barca, coa colaboración do grupo de EPVA de 4º ESO na parte gráfica.