Fuller, precursor do desenvolvemento sostible

O 4 de novembro celébrase o IV Día da Ciencia e a Tecnoloxía en Galego adicado este ano á relación arte-ciencia e nomeadamente ás figuras de Isaac Díaz Pardo, R. Buckminster Fuller e Florence Nightingale. Desde o IES de Brión querémosvos propor unha serie de actividades coas que poderedes descubrir algo novo desta interesante relación.

A proposta está pensada para o alumnado de 4º de ESO e as respostas realizarnase a modo de comentario, publicando aquelas  máis interesantes.

Consulta as  ligazóns para aproximarte aos deseños do autor e resposta ás seguintes cuestións:

  1. Por que pensas que Fuller plantexa que o mellor mestre dos creadores e o máis eficiente dos deseñadores debía ser a natureza?

  2. En que deseños pensas que plasma esta idea?

  3. Que entendes por eficiencia enerxética e dos materiais?

  4. Cómo relacionas estas ideas co desenvolvemento sostible

  5. Indica algún exemplo de deseños de Fuller nos que penses que reflicte os principios de eficiencia enerxética e dos materiais e razoa a resposta.

  6. Destaca un exemplo actual de eficiencia enerxética e/ou dos materiais no teu entorno próximo.

  7. Cómo entendía Fuller o actual concepto de reciclaxe?

  8. Indica algún exemplo no cal crees que se se cumpre esta idea de reciclaxe.