Na materia de Informática de 4º de ESO, o alumnado estivo traballando na edición de imaxes, audio e vídeo con software libre, durante a última avaliación, para finalizar cun proxecto persoal de edición dun vídeo sobre un tema dos seus intereses. Algúns dos resultados amosámolos a continuación:
Christian Capeáns no seu traballo introdúcenos na programación:
Ángel Miranda e Lois Meira, crean en formato vídeo a memoria da participación e preparación do Concurso de Robótica da EEI na que traballaron co renacuajo de bq e programaron co bitbloq.
Alejandro Dosil e Brais Cuns amósanos a súa particular viaxe a Valencia no seguinte vídeo:
Martín Chaves, amósanos a súa música a través do seguinte vídeo:
Durante o Curso 2013/14 o alumnado de 4º de ESO está traballando sobre as Impresoras 3D nas materias de Informática, Tecnoloxía e Educación Plástica e Visual. Na materia de Informática o alumnado documentouse sobre as Impresoras 3D e creou presentacións, das que destacaremos os traballos feitos por: