Interesante documental sobre novos materiais no programa tres14 de RTVE:
Arquivos da etiqueta: Materiais
Ferramentas
No traballo por proxectos é fundamental o uso das ferramentas .Para ampliar información sobre os usos das mesmas, é moi útil o recurso Obradoiro de Tecnoloxía: Ferramentas, que consiste nunha Galería de imaxes acompañadas de información das aplicacións, medidas de protección, vídeos nos que se pode ver como se empregan, e imaxes complementarias. Este traballo foi realizado por Carmelo Cacabelos, Obdulia García, Paco Lado e Sindo Monteagudo e premiado como recurso educativo para a Sociedade da Información.
Metais
Vídeo sobre o aceiro:
Vídeo sobre o funcionamento dun forno alto para a obtención de aceiro:
Materiais: Madeira e metais
En 2º de ESO empezamos a traballar as unidades didácticas do bloque de Materiais. Presento as unidades didácticas que traballaremos en aula cos contidos sobre materiais:
Unidade 5. Os materiais e propiedades
- Materiais de uso técnico e as súas propiedades, de Ángeles González de la Mena
- Materiais de uso técnico Los materiales, de librosvivos.net
Test sobre os materiais de uso técnico e as súas propiedades, creado polo profesor Nino González Haba
Unidade 6 A madeira, de Ángeles González de la Mena
Unidade 7
- Os metais, de Ángeles González de la Mena
- Metais, de librosvivos.net, da editorial SM
Investigación en materiais: A prótese de Carmiña.
“A prótese da Carmiña , dos biomateriais mariños á rexeneración dos tecidos” é un documental de divulgación científica, que nos vai permitir achegar os avances tecnolóxicos aos estudantes de Ciencias e Tecnoloxía e que ten como obxectivo contribuir a que todas as persoas posúan un coñecemento científico funcional. O documental, creado por un equipo multidisciplinar da Universidade de Vigo, pretende achegarnos a procesos punteiros na investigación de biomateriais que se desenvolven no noso país e permite visualizar como esta investigación ten influenza na nosa vida cotiá, como o esforzo humano intelectual e económico produce unha mellora na nosa calidade de vida.
A documentación relativa ao documental pode accederse dende a ligazón:
http://www.enciga.org/files/boletins/76/IN_A_protese_de_Carmina.pdf