Arquivos da etiqueta: MullereSTEAM
STEAM MATES
Un curso máis e mesmo nestas circunstancias extraordinarias, participamos na 4ª edición de Wisibilízalas, convocatoria do Departamento ETIC da Universidade Pompeu Fabra que presenta os seguintes obxectivos:
- Romper estereotipos de xénero asociados a carreiras STEM.
- Potenciar referentes femininos actuais que servan de inspiración as máis xóvenes.
- Promocionar o uso da tecnoloxía e o traballo en grupo mediante a creación de páxinas web.
STEAM MATES é a páxina creada por alumnado das materias de Debuxo Técnico e TIC de 1º de Bacharelato, na que presentamos a un grupo de científicas e enxeñeiras galegas ou que traballan en Galicia: Elena Vázquez, Mar Capeáns, Ana María González, Joana Silva, Mabel Loza, María Pardo, María Rilo, Paula Ojea, Mónica Bugallo, Carmen Misa e Soledad Torres, ás que agradecemos a súa participación no proxecto.
Esperamos que vos guste
De volta ao instituto
A exalumna Carmen Trigo Cobas, participante moi activa en proxectos no centro e actualmente estudante de Enxeñería Informática, volveu ás aulas do instituto para impatir unha charla ao alumnado actual de Tecnoloxía Industrial I e TIC I. Carmen describiu a súa experiencia, como única rapaza nun grupo de rapaces, a participación nos proxectos, o paso á Universidade, e respondeu ás preguntas, dúbidas e inquietudes plantexadas polo alumnado.
Alumnado e profesorado agradecemos a colaboración de Carmen, agardando repetir a experiencia.
Día Internacional das rapazas nas TIC
O próximo 23 de abril de 2020 é o Día Internacional das rapazas nas TIC, organizado polo aula e-learning do CESGA e celébrase mediante multiconferencia web, debido á situación derivada da pandemia por COVID-19.
É unha gran oportunidade de coñecer a 4 protagonistas que contarán en primeira persona o que a tecnoloxía pode aportar en diversos campos para mellorar a vida de todos, e preguntarlles todo o que queiramos sobre os seus traballos, como chegaron a eles, etc. Elas son:
- Amparo Alonso Betanzos, Catedrática de C. Computación e Intelixencia Artificial da Facultade de Informática da UDC e presidenta de AEPIA (Asociación Española de Intelixencia Artificial).
- María Fernández Hermida, artista dixital galega da industria dos videoxogos.
- Isabel Expósito Pérez, enxeñeira en Telecomunicacións da Universidade de Vigo, na especialidade de comunicacións de radio.
- Patricia Mañana Borrazás, arqueóloga, coordinadora do proyecto DIMENSO e profesora de cursos sobre Tecnoloxías Digitais de Documentación Xeométrica e Representación do Patrimonio no CSIC.
É unha celebración a nivel internacional, orientada a motivar ás novas xeracións de mozas para que consideren o ámbito das TIC para o seu desenvolvemento académico, investigador e profesional. Información do movemento a nivel internacional.
Desde o departamento de Tecnoloxía do instituto participaremos na actividade, como vimos facendo nos últimas edicións.
Nada por todo no 11F
Vídeo creado no curso 2’17/18 polas agora ex-alumnas Sara Picos, Noelia Canda e Carla Villar sobre científicas olvidadas. Un bo momento para recordar o seu traballo e o das magníficas científicas que representan.
Día internacional da nena e muller na Ciencia
No 11 de febreiro desde o departamento, queremos recordar o blog realizado o curso pasado por dúas ex-alumnas do noso IES na materia de TIC II, no que recopilaron algúns traballos realizados nos cursos anteriores sobre esta temática.
Non deixedes de visitalo https://carliaticii.wixsite.com/mulleres-elas
Parabéns ás autoras: Carla Villar e Noelia Canda
As mulleres no mundo das TIC
Desde o 4 ata o 16 de febreiro, conmemorando o 11F disfrutamos na entrada do instituto da exposición cedida polo CITIUS temporalmente sobre mulleres representativas nas TIC.
A exposición que repasa as contribucións de dez científicas e tecnólogas destacadas para facer visible o seu legado e tamén promover vocacións tecnolóxicas entre rapazas e mulleres novas.
Rapazas nas TIC
No instituto participamos no Plan Proxecta ” Mulleres emprendedoras nas TIC” con varias actividades ao longo do curso. O pasado 26 de abril, participamos no Día Internacional das Nenas nas TIC.
A actividade organizada polo CESGA foi un coloquio virtual con Mª José Malmierca presentando a mulleres emprendedoras, investigadoras e tecnólogas galegas no campo das TIC:
- Ana Cidre. Women Techmaker Lead, organizadora de GDG Vigo e fundadora do grupo GalsTech.
- María José Durán. Enxeñeira informática e fundadora da tenda online Potingues Verdes.
- Susana Rey. Enxeñeira en telecomunicacións, Máster en Seguridade da Información e Delegada de Protección de Datos do Grupo Euskaltel (Euskaltel, Telecable, R).
- Cecilia Grela. Enxeñeira informática, máster en Consultoría en Software Libre e desarrolladora de software en múltiples proxectos de I+D+i (entre outros ICT-Go-Girls!), así como formadora en TIC.
Podes acceder á videoconferencia:
MullereSTEAM
Na seguinte symbaloo iremos recopilando recursos na rede relacionados con mulleres que traballan no ámbito das STEAM (Science Tecnology Engineering Arts Maths), así como recursos de referencia e información sobre esta temática.