Autopsia Tecnolóxica

A partir da proposta Autopsia Tecnolóxica do portal educativo Aulas Galegas o alumnado de Tecnoloxía do IES de Brión preséntanos  interesantes análises de obxectos para investigar como funcionan, que compoñentes teñen é a súa función no conxunto.

Iria Maceiras de 4º ESO desmonta unha fonte de alimentación:

Accede ao seu traballo : Fonte_alimentación_autopsia_tecnoloxica

fonte_alimentación_1

Simón Rivas de 4º ESO desmonta un deshumidificador e identifica parte dos seus compoñentes:  1.Ventilador 2.Compresor 3.Radiador/Evaporador 4.Chapa (estrutura exterior) 5.Rejillas laterales 6.Tornillos, tuercas y arandelas del aparato 7.Depósito de auga 8.Chapa (estrutura interior ) 9.Cableado

Deshumidificador_autopsia tecnolóxica

 

Adán Maroñas de 4º ESO desmontou un teledirixido que non funcionaba, soldou o cable e editou este estupendo vídeo para amosarnos o seu traballo:

Ademais explicounos o que aprendeu no proceso  sobre o funcionamento, a estrutura e a distribución de compoñentes: motores, placa, portapilas.

“Sobre a placa atópase un interruptor, que é o que encende e apaga o teledirixido, unha antena que vai atornillada á placa, un microchip, varios condensadores e un pequeno altofalante xa que se ve que o xoguete tamén emitía sons. Da placa saen dous cables de alimentación que van ao soporte das pilas(un deles foi o que reparei) e outros catro cables: dous para cada motor. Pola parte dos motores, temos o que impulsa a cuadrimoto, que está conectado ás rodas por medio de varios engrenaxes para diminuir as revolucións e tamén transmitir o movemento ata as rodas. Hai outro motor que é o da dirección, colocado na parte traseira. Este xa non leva tantos engranaxes, pero si que leva unha peza para cambiar a dirección do movemento. Ambos motores levan un condensador cerámico para que sexan capaces de encender.”                              Adán Maroñas Calvelo. 4º B

 

Vídeos creados en Informática de 4º

Na materia de Informática de 4º de ESO, o alumnado estivo traballando na edición de imaxes, audio e vídeo con software libre, durante a última avaliación, para finalizar cun proxecto persoal de edición dun vídeo  sobre un tema dos seus intereses. Algúns dos resultados amosámolos a continuación:

Christian Capeáns no seu traballo introdúcenos na programación:

Ángel Miranda e Lois Meira, crean en formato vídeo a memoria da participación e preparación do Concurso de Robótica da EEI na que traballaron co renacuajo de bq e programaron co bitbloq.

 

Alejandro Dosil e Brais Cuns amósanos a súa particular viaxe a Valencia no seguinte vídeo:

Martín Chaves, amósanos a súa música a través do seguinte vídeo:

Mención Especial no concurso “Sensores para todos”

O proxecto “Xogando coa luz” elaborado por un grupo de alumnos e alumnas de 4º de ESO, acadou unha Mención Especial no concurso “Sensores para todos” promovido por Igaciencia e patrocinado por educaBarrié e pola Domus.

O proxecto, enmárcado nas actividades organizadas ao redor do Día da Ciencia e a Tecnoloxía en Galego, estivo titorizado nas súas diferentes fases polo profesorado dos departamentos de Tecnoloxía e Debuxo.

Os alumnos e alumnas que participan no proxecto son: Christian Capeáns Pérez,Martín Manuel Chaves Fraga, Brais Cuns González, Carlos Manuel García-Novio González, María Gramunt Cernadas, Lois Meira López, María Otero Anguiano, Xulia Sánchez Rodríguez e Daniel Eduardo Vila Mateus. Parabéns para todos eles pola boa aceptación da proposta e a motivación de cara a continuar traballando co hardware, software libre e introdución da programación na aula (Arduino e S4A).

Impresoras 3D

Durante o Curso 2013/14 o alumnado de 4º de ESO está traballando sobre as Impresoras 3D nas materias de Informática, Tecnoloxía e Educación Plástica e Visual. Na materia de Informática o alumnado documentouse sobre as Impresoras 3D e creou presentacións, das que destacaremos os traballos feitos por:

Minia Grobas e Cristina Barbazán:

Adrián Pereira:

Robots no IES de Brión

A última semana do curso 2012/13 un grupo de alumnos/as de 4º de ESO da materia de Tecnoloxía explicou aos compañeiros de 3º de ESO os principios básicos da Robótica: detectores, unidade de control e actuadores, amosándolles o funcionamento de 4 programas básicos que eles programaron cos Robots de LEGO. Os programas foron o movemento en cadrado, detector de presencia a 30 cm de distancia, detector de liña negra e seguimento de liña negra. No seguinte vídeo podes ver o funcionamento dos robots:

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

 

Control e robots: Aplicacións

En 4º de ESO estudamos o bloque de control e robótica e plantexouselle ao alumnado a búsqueda de información sobre aplicacións innovadoras e recentes de robots,control, sensores, detectores, actuadores, …e outros elementos de control.

Imaxe: http://commons.wikimedia.org/wiki/File:Robots_aula.jpg?uselang=es

Na información que atoparon fálase :

 

 

 

Os robots conquistan o espazo exterior

Os intentos e esforzos por lograr entender o que hai alá fóra e sobretodo por descubrir se algún día poderemos vivir fóra do noso planeta non cesan. Os xaponeses están a desenvolver un proxecto, tratase de un mini robot humanoide para enviar a Estación Espacial Internacional, pero neste caso quero falar da iniciativa desenvolta polos alemáns.
Os científicos do ZARM (Centro de Tecnoloxía Espacial Aplicada e Microgravidade) encóntranse desenvolvendo un par de robots que algún día poderían ser capaces de explorar cráteres lunares e buscar auga xeada. Este proxecto recibe o nome de RIMRES e acolle unha serie de robots de seis patas que lles permiten desprazarse lixeiramente e con relativa facilidade polas superficies dos planetas ou satélites inexplorados.
O primeiro robot deste proxecto é o coñecido como SHERPA, que ten unha lonxitude de 2,4 metros e ten un peso de 200 Kg. O desprazamento conséguese grazas a un tren híbrido entre rodas e pernas que contan cunha suspensión adaptativa. O seu principal deber é transportar outro robot máis pequeno CREX(Explorador de cráteres), ten unha lonxitude de 1 metro e pesa 27 Kg, é dicir, que é moito máis pequeno e lixeiro. A súa principal función é analizar as zoas máis interesantes do terreo.

 Este é un proxecto a longo prazo, xa que estamos como mínimo a algúns anos de que estes robots poidan ser enviados ao espazo e acheguen datos abondo como para desenvolver teorías ou solucións. Así e todo, sempre é interesante ver como avanza a tecnoloxía e a robótica co seu afán de descubrir o universo.

 Son unha boa idea estes robots? Lograremos descubrir o espazo con estes fenómenos tecnolóxicos?

Fontes de información:

Post creado por Alejandro Ferreiro de 4º B

 

Teléfonos móbiles e saúde

Os departamentos de Bioloxía e Tecnoloxía organizaron para o alumnado de 3º e 4º de ESO a Charla do divulgador científico Xurxo Mariño que leva por título ” Radiación de teléfonos móbiles e saúde”, o martes 9 de Abril a partir das 16:15 horas.

12

O divulgador realizou unha breve introducción sobre as forzas fundamentais do universo, a electromágnética, a gravidade e as forzas nucleares débil e forte, céntrandose nos efectos delas  sobre os seres vivos. Comentou as magnitudes básicas das ondas, frecuencia, lonxitude de onda, potencia, para poder comprender o comportamento das mesmas. Continuou explicando as diferencias entre as radiacións ionizantes ( Raios X, Gamma ) e non ionizantes (móbiles, radio, TV, microondas,…), para seguir informándonos sobre os efectos sobre a saúde, aportando os estudos máis recientes publicados sobre o tema. O coñecemento indica que ata o momento actual non se coñece relación entre efectos perxudiciais para a saúde debida as radiacións de telefonía móbil.

Xurxo Mariño é profesor do departamento de Medicina da Universidade da Coruña e membro do grupo Neurocom.

A actividade forma parte do programa Divulga na escola que organiza a Asociación Galega de Comunicación e Divulgación Científica e Tecnolóxica.

 

 

Para saber máis sobre o tema preme na seguinte ligazón:

Ondas electromagnéticas e saúde, tecnoloxia.org