STEAM MATES

Un curso máis e mesmo nestas circunstancias extraordinarias, participamos na 4ª edición de Wisibilízalas, convocatoria do Departamento ETIC da Universidade Pompeu Fabra que presenta os seguintes obxectivos:

  • Romper estereotipos de xénero asociados a carreiras STEM.
  • Potenciar referentes femininos actuais que servan de inspiración as máis xóvenes.
  • Promocionar o uso da tecnoloxía e o traballo en grupo mediante a creación de páxinas web.

STEAM MATES é a páxina creada por alumnado das materias de Debuxo Técnico e TIC de 1º de Bacharelato, na que presentamos a un grupo de científicas e enxeñeiras galegas ou que traballan en Galicia: Elena Vázquez, Mar Capeáns, Ana María González, Joana Silva, Mabel Loza, María Pardo, María Rilo, Paula Ojea, Mónica Bugallo, Carmen Misa e Soledad Torres, ás que agradecemos a súa participación no proxecto.

Esperamos que vos guste

Día Internacional das rapazas nas TIC

O próximo 23 de abril de 2020 é o Día Internacional das rapazas nas TIC, organizado polo aula e-learning do CESGA e celébrase mediante  multiconferencia web, debido á situación derivada da pandemia por COVID-19.

É unha gran oportunidade de coñecer a 4  protagonistas que contarán en primeira persona o que a tecnoloxía pode aportar en diversos campos para mellorar a vida de todos, e preguntarlles todo o que queiramos sobre os seus traballos, como chegaron a eles, etc. Elas son:

  • Amparo Alonso Betanzos, Catedrática de C. Computación e Intelixencia Artificial da Facultade de Informática da UDC e presidenta de AEPIA (Asociación Española de Intelixencia Artificial).
  • María Fernández Hermida, artista dixital galega da industria dos videoxogos.
  • Isabel Expósito Pérez, enxeñeira en Telecomunicacións da Universidade de Vigo, na especialidade de comunicacións de radio.
  • Patricia Mañana Borrazás, arqueóloga, coordinadora do proyecto DIMENSO e profesora de cursos sobre Tecnoloxías Digitais de Documentación Xeométrica e Representación do Patrimonio no CSIC.

É unha celebración a nivel internacional, orientada a motivar ás novas xeracións de mozas para que consideren o ámbito das TIC para o seu desenvolvemento académico, investigador e profesional.  Información do movemento a nivel internacional.

Desde o departamento de Tecnoloxía do instituto participaremos na actividade, como vimos facendo nos últimas edicións.

Rapazas nas TIC

No instituto participamos  no Plan Proxecta ” Mulleres emprendedoras nas TIC”  con varias actividades ao longo do curso. O pasado 26 de abril, participamos no Día Internacional das Nenas nas TIC.
Día Internacional das rapazas nas TIC

A actividade organizada polo CESGA foi un coloquio virtual con Mª José Malmierca presentando a mulleres emprendedoras, investigadoras e tecnólogas galegas no campo das TIC:

  • Ana Cidre. Women Techmaker Lead, organizadora de GDG Vigo e fundadora do grupo GalsTech.
  • María José Durán. Enxeñeira informática e fundadora da tenda online Potingues Verdes.
  • Susana Rey. Enxeñeira en telecomunicacións, Máster en Seguridade da Información e Delegada de Protección de Datos do Grupo Euskaltel (Euskaltel, Telecable, R).
  • Cecilia Grela. Enxeñeira informática, máster en Consultoría en Software Libre e desarrolladora de software en múltiples proxectos de I+D+i (entre outros ICT-Go-Girls!), así como formadora en TIC.

Podes acceder á videoconferencia: