A Tecnoloxía e o método de proxectos

Comezamos en 2º e 3º de ESO o curso introducindo a materia e estudando o método de proxectos ou proceso de resolución de problemas. Para revisar e autoavaliar os coñecementos adquiridos preséntovos dous recursos na rede:

  • Unidade didáctica sobre A Tecnoloxía, creada por Santiago Madrid Mota, con actividades interactivas

 

Cúpulas xeodésicas no IES de Brión

As propostas da celebración do día da Ciencia e Tecnoloxía en galego no IES de Brión deron lugar ás cúpulas xeodésicas de refugallo en 2º de ESO:OLYMPUS DIGITAL CAMERA

Cúpulas xeodésicas construídas por rotomoldeo polo alumnado de 4º de ESO de Tecnoloxía e Educación Plástica e Visual. O alumando construiu o modelo, os moldes con escaiola e finalmente obtivemos as cúpulas en parafina por rotomoldeo.

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

 

 

Proxectos con papel e derivados en 2º de ESO

Papel, cartulina, cartón,…. e algúns útiles e ferramentas de traballo serviron para que o alumando de 2º de ESO  empregara o método de proxectos para resolver diversos problemas do taller. O método de resolución de problemas, a representación gráfica (escalas, medidas, vistas,.., ferramentas e útiles de traballo, materiais, foron bloques temáticos traballados nestes proxectos.

Na 2ª avaliación a proposta consistiu e construir caixas de cartón con dous compartimentos e apilables entre elas que serviran para organizar pequenos útiles do taller. O deseño foi unha modificación do proxecto Ponderabilia. Instrumenta, dos deseñadores Ryszard Rychlicki e Agnieszka Nowak (2RAM) e algúns dos resultados das caixas preséntanse a continuación:

Na 3ª avaliación, o problema a resolver foi dotar a aula de “estores” que permitiran regular a luz na aula. A proposta realizada ao alumnado foi deseñar paneis con material de baixo custo nos cales empregaramos a técnica de estampado para realizar cenefas con formas dalgunha das ferramentas estudadas. Algunha fase do proceso e o resultado pódense ver nas seguintes imaxes:

paneis