Concursos: Escola de Enxeñería de Minas e Enerxía

A Escola de Enxeñería de Minas e Enerxía da Universidade de Vigo propón os concursos:

Obradoiro de cociñas solares

Os departamentos de Tecnoloxía e Plástica e Visual organizamos en colaboración co CEIP de Pedrouzos un Obradoiro de cociñas solares pasado 23 de marzo, no que participaron o alumnado de 6º de Primaria,  de 3º da ESO e 1º de Bacharelato das materias de Debuxo Técnico I e Tecnoloxía Industrial. No obradoiro tratáronse aspectos relativos ao  deseño, construción, aproveitamento enerxético e dimensións socioeconómica e medioambiental e ao longo da mañán todo o alumnado colaborou na construción dun novo reflector fresnel.

Transporte e distribución da enerxía eléctrica

Nas seguintes infografías explícase o transporte da enerxía eléctrica unha vez é xenerada nas centrais eléctricas:

O camiño da electricidade, de eroski- consumer:

transporte_electr_1Da xeración ao consumo, da Red Eléctrica de España REE, Educa:

transporte_ree_1Controla, é simulador de control eléctrico. Trátase dun xogo interactivo que propón ao alumno adoptar o papel de operador do Centro de Control Eléctrico, creado desde REE, Educa:

controla_1