Presentación das materias

Presentación sobre as materias e contidos do departamento de Tecnoloxía nos cursos de 2º, 3º, 4º, 1º e 2º de Bacharelato:

Presentación dos contidos de Tecnoloxía Industrial I e de Proxectos Interdisciplinares realizados no IES de Brión en 1º de Bacharelato:

https://www.edu.xunta.es/agueiro/view/view.php?id=7728

I+D+i en Galicia

No bloque temático de Tecnoloxía Industrial “ O proceso e os productos tecnolóxicos” incidimos na importancia da Investigación, Desenvolvemento e innovación (I+D+i) no proceso, realizada en centros tecnolóxicos ou de investigación.

I+D+i_1Este curso propoñemos ao alumnado unha  tarefa de búsqueda de información sobre algúns centros de investigación galegos de ámbitos moi diversos para coñecer a importancia do seu traballo.

As propostas de centros a estudar resumíronse nos seguintes post creados polo alumnado:

  • CIMUS, Centro Singular de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas, realizado por Erica González
  • CIQUS, Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares.
  • CITIUS, Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías da Información, realizado por Adrián Ferreiro pertencente á Universidade de Santiago de Compostela (USC)
  • Instituto de Cerámica de Galicia, pertencente á USC
  • Tecnópole, por Sergio Goyanes
  • CITEXVI, pertencente á Universidade de Vigo, realizado por Alejandro Ferreiro
  • Instituto Tecnolóxico de Galicia, realizado por Javier Dono
  • Sotavento, parque eólico experimental.

Wordle: Untitled

Posteriormente o alumnado grabou un programa de Radio en Radio
emBrión no cal resumiron os datos máis relevantes do traballo realizado. Preme na ligazón para escoitar o programa:

As luces do inxenio

Estos días estamos traballando en Tecnoloxía Industrial I o bloque adicado ao producto e proceso tecnolóxico. Resulta moi interesante o documental ” Las luces del ingenio” de RTVE. Nel analízase como a idea é so o comenzo, a luz do inxenio. Pero o camiño para transformar a idea en obxecto é complexo.  Tras calquera invento, por simple que pareza, hai un esforzo que se reparte en deseños, prototipos, patentes, estratexias, … Un percorrido que moi poucos consiguen finalizar.

Sargadelos, historia dun proxecto industrial en Galicia

O día 4 de novembro celébrase o IV Día da Ciencia e a Tecnoloxía en Galego.

Desde o departamento estamos propoñendo actividades que para o alumnado de Tecnoloxía Industrial I de 1º de Bacharelato consiste en ler a seguinte documentación para responder a modo de comentario ás seguintes cuestións, así como plantexar posibles inquedanzas sobre o tema, publicando aquelas  máis interesantes.

Suxestións de documentación de consulta:

Sargadelos.com

Captura de pantalla de 2013-10-23 12:40:51

Asociación Buxa- Asociación Galega do Patrimonio Industrial

Captura de pantalla de 2013-10-23 12:42:01

 

  1. Explica porque se di no texto que o forno se configura como a ferramenta básica que controla o lume e na que se xera a calor necesaria para que teñan lugar as transformacións da materia. Pon exemplos.

  2. Por que crees que Antonio Raimundo Ibáñez Gastón, crea en Sargadelos a factoría de fundición de ferro? ¿Que se produce na factoría incialmente?

  3. Donde e cando se localizaron os primeiros fornos cerámicos en Galicia? Con que obxectivo?

  4. No 1804 creáse a fábrica de louza de Sargadelos, que motivos crees que levaron a dita creación. Por que se pecha no 1875?

  5. No 1970 inaugúrase a nova fábrica de Sargadelos. Que factores foron claves na creación de dito proxecto.

  6. Que aporta Sargadelos en Deseño, Tecnoloxía e Materiais?

  7. A que industrias fai referencia Isaac Díaz Pardo no vídeo presentado? Compartes a súa opinión sobre a problemática da industria e aproveitamento de recursos en Galicia?

  8. Plantexa unha cuestión aos teus compañeiros sobre o tema tratado que che resulte interesante