Taller de estruturas

O pasado 1O de febreiro disfrutamos na aula de Tecnoloxía do taller de estruturas impartido polos membros do proxecto “Camiños de futuro”.

No taller participou todo o alumnado de 2º de ESO, experimentando o comportamento de estruturas e elementos construidos do seu  entorno, relacionándoas con conceptos básicos ( forza, velocidade, desprazamento) e introducindo outros novos (como tensión, vibración, deformación) que se enlazaron con elementos da vida diaria como sismo, deseño, proxecto, edificios e pontes.

Escornabot

Escornabot é un proxecto libre de robótica educativa aberta para iniciarse no  campo da robótica e da programación.

O robot  leva uns botóns mediante os cales podemos executar diferentes movementos.

Brivoi, escornabot

Vía Escornabot.org

Web do proxecto escornabot, Documentación do proxecto
escornawiki

Documentación:

Documentación de http://orballoprinting.com:

No seguinte vídeo podes ver unha presentación do proxecto:

Save

Mecanismos

Para estudar os mecanismos en 2º e 3º de ESO recoméndovos as seguintes unidades interactivas:

  • MecanESO, web con contidos e actividades de mecanismos, creado no departamento de Tecnoloxía do IES MareNostrum

mecanismos_1Actividades de operadores mecánicos:

A Tecnoloxía e o método de proxectos

Comezamos en 2º e 3º de ESO o curso introducindo a materia e estudando o método de proxectos ou proceso de resolución de problemas. Para revisar e autoavaliar os coñecementos adquiridos preséntovos dous recursos na rede:

  • Unidade didáctica sobre A Tecnoloxía, creada por Santiago Madrid Mota, con actividades interactivas

 

Figuras

Na unidade de Expresión e Comunicación Gráfica o alumnado de 2º de ESO, deseñou figuras partindo das vistas e perspectiva, empregando a aplicación de xeometría dinámica geogebra.

Exemplo de deseños de figuras:

ex_1figura_manuelvazquezrosaliasambade_2A

 

 

 

 

 

 

 

 

A partir dos deseños iniciais, por parellas acordaron que figura ían construir e realizaron o desenvolvemento das mesmas en papel.

Exemplo dun desenvolvemento:

Ex_2_desenvolvemento

Desenvolvemento

Posteriormente pasamos á construción das figuras en 3 dimensións. As figuras construídas pódense ver na seguinte galería:

As estruturas

Nestos días comezamos en 2º da ESO a traballar unha nova unidade didáctica: As estruturas.

A editorial SM nos librosvivos.net presenta unha unidade sobre estruturas.

Para avaliar os coñecementos sobre estructuras, recoméndovos esta serie de actividades interactivas, realizadas pola profesora Teresa Mancebo.

Outro recurso interesante para traballar esta unidade preséntao o profesor Santiago Madrid Mota na seguinte web:

 

Desenvolvementos planos

Na seguinte páxina de Paulo Porta, podes atopar desenvolvementos planos de Poliedros, que poden servir de axuda para  a construción do desenvolvemento da figura que está creando o alumnado de 2º de ESO.

Na páxina de Matemáticas visuales tamén podes obter o desenvolvemento de figuras variadas:

Construción de figuras en 3 D

Policubos

Policubos, é un xogo interactivo no que se propón a formación de 20 figuras a partir de cubos en 3 dimensións. A proposta ven do blog didactmaticprimaria.com  do mestre Juan García Moreno

Voxels

Interesante proxecto, da web Mr.doob que che permitirá crear en 3 dimensións figuras propias.

Proxectos con papel e derivados en 2º de ESO

Papel, cartulina, cartón,…. e algúns útiles e ferramentas de traballo serviron para que o alumando de 2º de ESO  empregara o método de proxectos para resolver diversos problemas do taller. O método de resolución de problemas, a representación gráfica (escalas, medidas, vistas,.., ferramentas e útiles de traballo, materiais, foron bloques temáticos traballados nestes proxectos.

Na 2ª avaliación a proposta consistiu e construir caixas de cartón con dous compartimentos e apilables entre elas que serviran para organizar pequenos útiles do taller. O deseño foi unha modificación do proxecto Ponderabilia. Instrumenta, dos deseñadores Ryszard Rychlicki e Agnieszka Nowak (2RAM) e algúns dos resultados das caixas preséntanse a continuación:

Na 3ª avaliación, o problema a resolver foi dotar a aula de “estores” que permitiran regular a luz na aula. A proposta realizada ao alumnado foi deseñar paneis con material de baixo custo nos cales empregaramos a técnica de estampado para realizar cenefas con formas dalgunha das ferramentas estudadas. Algunha fase do proceso e o resultado pódense ver nas seguintes imaxes:

paneis