Semana do código

A hora do código e Codeweek son iniciativas para achegar a Programación de forma divertida e interesante. Desde o departamento de Tecnoloxía participamos nesta actividade promovendo desde a as aulas actividades durante o mes de novembro:

2º ESO PROGRAMACIÓN Blocky.games

3º ESO TECNOLOXÍA Gráficos con python

ESO TECNOLOXÍA Robótica Openroberta

4º ESO TIC Reloxio analóxico

TIC I: Base de datos con SQL

 

 

 

 

 

“Andando o camiño” Primeiro premio no concurso “Deseño de aplicacións informáticas coa ferramenta Scratch”

Alumnado de 1º ESO acada co seu traballo “Andando o camiño” o primeiro premio na modalidade de secundaria no certame “Deseño de aplicacións informáticas coa ferramenta Scratch”.

Este traballo foi realizado na materia de Programación no contexto da convocatoria realizada polo Colexio Profesional de Enxeñería Técnica en Informática de Galicia ligada ao programa “Aprendo programando” do “Plan proxecta“ .

Listaxe de premiados

Semana europea da programación

O vindeiro 15 de outubro no instituto contaremos con “Talleres de introdución á programación”, para o alumnado de 2º e 3º de ESO dentro do programa DÍA DO CÓDIGO NO TEU COLE. EDUCAR PARA INNOVAR,  da SEMANA EUROPEA DA PROGRAMACIÓN, organizada pola Deputación da Coruña – Europe Direct.

A nova na prensa:   El correo gallego

 

Competición de robots

O venres 24 de abril tres grupos de alumnos/as de Tecnoloxía, Informática de 4º de ESO e TIC de 1º de Bacharelato participarán na I Competición de robots organizada pola Escola de Enxeñería Industrial da Universidade de  Vigo.

Na competición participan un total de 100 equipos de toda Galicia

Os participantes están pensando, organizando, programando, experimentando e buscando solucións aos problemas nestas últimas sesións.

Moita sorte!!