Cúpulas xeodésicas no IES de Brión

As propostas da celebración do día da Ciencia e Tecnoloxía en galego no IES de Brión deron lugar ás cúpulas xeodésicas de refugallo en 2º de ESO:OLYMPUS DIGITAL CAMERA

Cúpulas xeodésicas construídas por rotomoldeo polo alumnado de 4º de ESO de Tecnoloxía e Educación Plástica e Visual. O alumando construiu o modelo, os moldes con escaiola e finalmente obtivemos as cúpulas en parafina por rotomoldeo.

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

 

 

As cúpulas de refugallo


O 4 de novembro celébrase o IV Día da Ciencia e a Tecnoloxía en Galego adicado este ano á relación arte-ciencia e nomeadamente ás figuras de Isaac Díaz Pardo, R. Buckminster Fuller e Florence Nightingale. Desde o IES de Brión propoñemos ao alumnado de 2º de ESO a construción dunha cúpula xeodésica en homenaxe a Fuller  construída con materiais de refugallo.

As cúpulas xeodésicas son unhas estruturas arquitectónicas ideadas por R. Buckminster Fuller. Están formadas por diferentes módulos triangulares. Permiten cubrir grandes vanos con elementos lixeiros. A súa principal característica é a resistencia.

O modelo a seguir para a construción dámolo nas seguintes imaxes e a única condición en materiais é que sexa reutilizado. Algunhas propostas son tetrabik, restos de papel, cartón ou cartulina, plásticos lixeiros, madeira lixeira ou calquera outro resto de material en desuso. A combinación de materiais tamén pode ser unha proposta moi acertada. Pensa nos materiais e constrúe…. Os resultados verémolos nunha exposición a próxima semana.

Cúpula_1cúpula_2

Para máis información sobre Buckminster Fuller, podes ver o seguinte vídeo.

Aquí pódense ver algunhas mostras das cúpulas de refugallo:

Fuller e as primeiras vivendas bioclimáticas

Proposta do Día da Ciencia en Galego, para alumnado de 4º de ESO.

Algunha documentación de consulta:

 

Fuller entende a vivenda como “ máquina para vivir” eun sistema para satisfacer as necesidades humanas de protección contra os elementos, privacidade e hixiene”.

  1. Cita ordenados cronoloxicamente e indica o ano de creación dos deseños de vivendas de Fuller
  2. Desde o punto de vista estrutural, que aspectos teñen en común os deseños de vivendas de Fuller?
  3. Que innovacións aportan a nivel de materiais? Algunha permanece na actualidade?
  4. Que aportacións teñen estes deseños desde o punto de vista enerxético?
  5. Investiga e aporta documentación sobre algúnha construción que se asemelle ás creadas por Fuller que exista na actualidade.
  6. Consulta información sobre arquitectura sustentable e bioclimática e comenta a relación dos deseños de Fuller con este tipo de arquitectura.

Fuller, precursor do desenvolvemento sostible

O 4 de novembro celébrase o IV Día da Ciencia e a Tecnoloxía en Galego adicado este ano á relación arte-ciencia e nomeadamente ás figuras de Isaac Díaz Pardo, R. Buckminster Fuller e Florence Nightingale. Desde o IES de Brión querémosvos propor unha serie de actividades coas que poderedes descubrir algo novo desta interesante relación.

A proposta está pensada para o alumnado de 4º de ESO e as respostas realizarnase a modo de comentario, publicando aquelas  máis interesantes.

Consulta as  ligazóns para aproximarte aos deseños do autor e resposta ás seguintes cuestións:

  1. Por que pensas que Fuller plantexa que o mellor mestre dos creadores e o máis eficiente dos deseñadores debía ser a natureza?

  2. En que deseños pensas que plasma esta idea?

  3. Que entendes por eficiencia enerxética e dos materiais?

  4. Cómo relacionas estas ideas co desenvolvemento sostible

  5. Indica algún exemplo de deseños de Fuller nos que penses que reflicte os principios de eficiencia enerxética e dos materiais e razoa a resposta.

  6. Destaca un exemplo actual de eficiencia enerxética e/ou dos materiais no teu entorno próximo.

  7. Cómo entendía Fuller o actual concepto de reciclaxe?

  8. Indica algún exemplo no cal crees que se se cumpre esta idea de reciclaxe.