Vídeo creado no curso 2’17/18 polas agora ex-alumnas Sara Picos, Noelia Canda e Carla Villar sobre científicas olvidadas. Un bo momento para recordar o seu traballo e o das magníficas científicas que representan.
Arquivos da etiqueta: muller
MullereSTEAM
Na seguinte symbaloo iremos recopilando recursos na rede relacionados con mulleres que traballan no ámbito das STEAM (Science Tecnology Engineering Arts Maths), así como recursos de referencia e información sobre esta temática.
Wisibilízalas: 2º Edición
Os departamentos de Tecnoloxía e Ed. PVA participamos novamente 2ª edición de Wisibilízalas, convocatoria do Departamento ETIC da Universidade Pompeu Fabra cos seguintes obxectivos:
- Xerar reflexión nos institutos sobre a menor visibilidade das mulleres en ciencia e tecnoloxía.
- Dar visibilidade a mulleres que traballan no ámbito das TIC.
- Potenciar as referencias femininas no ámbito da ciencia e da tecnoloxía.
A convocatoria consiste na creación dunha páxina web que describa a carreira de mulleres españolas e latinoamericanas contemporáneas que traballen no ámbito das TIC.
O alumnado participa con tres propostas de páxinas web:
“Mujeres TIC gallegas en la educación”: Web na que se visibiliza o papel de catro mulleres que pertencen a diferentes ámbitos da educación (universidade, primaria, secundaria, formación e innovación) e que desenvolven proxectos relacionados coas TIC.
“Wisibilízalas: Mulleres galegas“: Web creada en html5, con recursos gráficos creados por alumnado de EPVA de 4º de ESO, na que se da a coñecer a mulleres referentes nas TIC en Galicia que desenvolven a súa actividade profesional na universidade, na investigación ou na empresa.
“Mujeressteam“: Web na que se destaca o perfil de seis mulleres españolas e latinoamericanas relacionadas con áreas STEAM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñería, Artes e Matemáticas). Na web foron empregados fondos creados por alumnado de EPVA de 4º de ESO.
O alumnado e profesorado participante, queremos expresar o noso agradecemento a todas as mulleres que colaboraron neste proxecto, moi especialmente a Carmen García Mateo, que nos acompañou na tarde do martes 9 de xaneiro no centro para falarnos de mulleres, Tecnoloxía, Ciencia, Universidade e da vida.
Wisibilízalas
O equipo “Mulleres tIC” resultou seleccionado entre os finalistas no concurso “Wisibilízalas” organizado polo Departamento ETIC Universitat Pompeu Fabra de Barcelona. O vindeiro 11 de febreiro, “Día da Nena e a Muller na Ciencia”, coñecerase a orde dos finalistas.
Alumnado de TIC I de 1º de Bacharelato e Ed. Plástica, Visual e Audiovisual de 4º de ESO participaron na creación de páxinas web que describan a carreira de mulleres españolas contemporáneas que traballen no ámbito das TIC cos seguintes obxectivos:
- Xerar reflexión nos institutos sobre a menor visibilidade das mulleres en ciencia e tecnoloxía
- Dar visibilidade a mulleres que traballan no ámbito das TIC
- Potenciar as referencias femininas no ámbito da ciencia e da tecnoloxía
Podemos visualizar as propostas creadas polo alumnado premendo nas imaxes:
Máis informacion sobre a participación nesta convocatoria
Accede á nova en Twitter Wisibilízalas
Accede á nova en Facebook Wisibilízalas
Accede á nova en: El correo gallego
Un dron ferrolán chega a Dubai
Un dron salvavidas deseñado por catro alumnas de 4º do grao Deseño Industrial de Ferrol da Universidade de Coruña quedou terceiro no concurso Drones for Good, celebrado en Dubai. O dron serve para o transporte de órganos e transplantes, sumando tecnoloxía e fines humanitarios. O dron for life, así se denomina, presenta como innovación conter un refrixerador e permitirá transportar o transporte de órganos. O proxecto superou propostas profesionais promovidas pola NASA.
Imaxe: http://www.eudi.udc.es/drones.jpg
A prensa conta a nova:
El correo gallego:
O dron salvavidas de Ferrol, entre os tres mellores do mundo
Diario de un dron ferrolano
Faro de Vigo:
El dron salvavidas, tercero en la final de Dubai