Investigación en materiais: A prótese de Carmiña.

A prótese da Carmiña , dos biomateriais mariños á rexeneración dos tecidos” é un documental de divulgación científica, que nos vai permitir achegar os avances tecnolóxicos aos estudantes de Ciencias e Tecnoloxía e que ten como obxectivo contribuir a que todas as persoas posúan un coñecemento científico funcional. O documental, creado por un equipo multidisciplinar da Universidade de Vigo, pretende achegarnos a procesos punteiros na investigación de biomateriais que se desenvolven no noso país e permite visualizar como esta investigación ten influenza na nosa vida cotiá, como o esforzo humano intelectual e económico produce unha mellora na nosa calidade de vida.

A documentación relativa ao documental pode accederse dende a ligazón:

http://www.enciga.org/files/boletins/76/IN_A_protese_de_Carmina.pdf