O alumnado de 1º de Bacharelato de Tecnoloxía Industrial e Debuxo Técnico, foi premiado no concurso “Sensores 2019” convocado por Igaciencia e patrocinado polo Concello da Coruña. O traballo presentado ao certame foi o resultado do proxecto interdisciplinar “Visor estereoscópico de gráficos vectoriais interactivos”, un visor de figuras, modelos e lugares que nos permite obter unha experiencia inmersiva de realidade virtual empregando o xiroscopio dun dispositivo móbil.
O acto de entrega de premios tivo lugar o pasado xoves 20 de xuño no IES Ramón Menéndez Pidal – Zalaeta da Coruña.no que unha representación do alumnado realizaron unha presentación do proxecto e coñeceron os traballos premiados tanto na convocatoria “Sensores 2019” como en “Inventa en galego” por alumnado de toda Galicia.
O proxecto presentado á convocatoria foi evolucionando ata o final de curso, ampliando o repertorio de gráficos disponibles e creando unha páxina web coas versións para móbil e ordenador á que podes acceder desde a seguinte ligazón: http://iesdebrion.com/proxectos/visor_estereoscopico_interactivo/
O proxecto Brionxbot resultou gañador do 1º premIo do Desafío Programación da categoría senior no Premio de innovación educativa “Desafíos STEM: Programación, robótica e impresión 3D convocado pola Consellería de Cultura, Educacion e O. U. Accede á nova na web do centro.
Este proxecto resultou gañador do 1º premio no concurso “Sensores 2018″ que convoca Igaciencia e que conta co patrocinio do Concello da Coruña. Accede á nova na web do centro.
Proxecto interdisciplinar dos departamentos de Tecnoloxía e Debuxo realizado no curso 2017/18.
BrionXbot é un robot de seis patas distribuídas en dous trens situados nos costados dun corpo central ou chasis. Cada tren está formado por tres patas articuladas montadas sobre un cegoñal e ancoradas nun eixe fixo. A rotación do motor move estes mecanismos de tal xeito que os extremos das patas describen unha traxectoria cíclica de avance. Está dotado de diversos sensores que nos permiten recoller datos sobre distancias, temperatura, humidade e luminosidade. O Bluetooth e a pantalla LCD permiten ler e graficar os datos obtidos a través dun smartphone ou directamente no robot. Tamén é posible controlar os movementos do robot de modo remoto dende un teléfono móbil vía Bluetooth.
O venres, 4 de maio catro grupos do instituto de 4º de ESO e 1º de Bacharelato participan na IV Competición de robots organizada pola Escola de Enxeñería Industrial de Vigo.
No seguinte vídeo podedes ver un resumo da competición do curso pasado.
Os vibrobots son robots moi simples que se desplazan lentamente con movementos vibratorios construídos a partir de materiais sinxelos: unha pila de botón, o motor vibrador dun móbil, un cepillo de dentes,…. e a túa imaxinación.
O Proxecto interdisciplinar desenvolvido nas materias de Tecnoloxía Industrial I, TIC I e Debuxo Técnico I e a colaboración de alumnado de Informática de 4º de ESO participa no desafío STEM., obtendo o segundo premiona categoría Smart Industry.
Excelentes resultados do alumnado de Brión na “II Competición de Robots da Escola de Enxeñería Industrial da Universidade de Vigo”, un certame que nesta edición contou coa participación de 157 equipos de toda Galicia e cerca de 900 alumnos e alumnas.
O alumnado de Tecnoloxía Industrial I, Debuxo Técnico I de 1º de Bacharelato e Tecnoloxía e Ed. Plástica e Visual de 4º de ESO participaron na competición programando e modificando os robots básicos.
O robot “Brión 5” acadou a terceira posición na categoría WALL-E Bacharelato, conseguindo o mellor tempo na proba de rastreo.
“Brión 1”, “Brión 3”, “Brión 4” e “Brión 6” acadaron moi bos resultados nos seus respectivos tapices, destacando especialmente na proba de rastreo.