I+D+i en Galicia

No bloque temático de Tecnoloxía Industrial “ O proceso e os productos tecnolóxicos” incidimos na importancia da Investigación, Desenvolvemento e innovación (I+D+i) no proceso, realizada en centros tecnolóxicos ou de investigación.

I+D+i_1Este curso propoñemos ao alumnado unha  tarefa de búsqueda de información sobre algúns centros de investigación galegos de ámbitos moi diversos para coñecer a importancia do seu traballo.

As propostas de centros a estudar resumíronse nos seguintes post creados polo alumnado:

  • CIMUS, Centro Singular de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas, realizado por Erica González
  • CIQUS, Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares.
  • CITIUS, Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías da Información, realizado por Adrián Ferreiro pertencente á Universidade de Santiago de Compostela (USC)
  • Instituto de Cerámica de Galicia, pertencente á USC
  • Tecnópole, por Sergio Goyanes
  • CITEXVI, pertencente á Universidade de Vigo, realizado por Alejandro Ferreiro
  • Instituto Tecnolóxico de Galicia, realizado por Javier Dono
  • Sotavento, parque eólico experimental.

Wordle: Untitled

Posteriormente o alumnado grabou un programa de Radio en Radio
emBrión no cal resumiron os datos máis relevantes do traballo realizado. Preme na ligazón para escoitar o programa:

Tecnópole

O parque tecnolóxico de Galicia, Tecnópole, trátase dun entorno que se sustenta na innovación, fomentando a transferencia de coñecemento e de tecnoloxía e favorecendo a creación e o crecemento de empresas. Un dos seus obxectivos principais é fomentar as actividades de I+D+i, ao tempo que favorece a competitividade e o desarrollo empresarial.

Este centro pertence á Xunta de Galiza e ó NCG Banco S.A., e está ubicado en Ourense.

A actividade de I+D+i que se realiza no centro consiste na aplicación e desarrollo de novas tecnoloxías; relacións establecidas coa Universidade e centros tecnolóxicos; capacidade de atracción de outras empresas de alta tecnoloxía; persoal altamente cualificado; potencial científico,etc.

Colabora con diversas empresas, nas que cabe destacar:

  • ACUASEC
  • Advanced Comfort Systems Ibérica, S.L.U.
  • Céltica de Comp. del Automóvil, S.L.
  • Componentes Aeronáuticos Coasa SA
  • Coren CTI
  • Madera Plus Calidad Forestal S.L. 

No centro trabállase coas Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (TIC) e o resto está diversificado en varios sectores, cunha tendencia emerxente á especialización en dous ámbitos moi definidos: a biotecnoloxía e as enerxías renovables.

En Tecnópole traballan unhas 1.678 persoas moi cualificadas e con perfís tecnolóxicos e directivos.

Un proxecto moi interesante feito aquí, en tecnópole, foi o sistema antikamikazes para autopistas; mediante un dispositivo que consta de un sensor avisa ó condutor de que vai en carril contrario. Este sistema é moi barato e asequible.

Unha das actividades que me chamaron á atención foi o proxecto en marcha ER-INNOVA;

Trátase dunha iniciativa dirixida á posta en marcha dun servicio no ámbito da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal que fomente o uso de ferramentas avanzadas basadas nas TIC e destinadas ó sector das enerxías renovables.

O obxetivo é a mellora da competitividade das pymes enerxéticas mediante a optimización dos procesos empresariais básicos (xestión interna, relacións con todos os axentes que interactúan no sector, etc.) e a adecuación dun punto de encontro virtual para o intercambio de bens e servicios entre empresas e para o fomento das actividades de I+D+i colaborativas.

Fonte de información: http://www.tecnopole.es

 

CITEXVI, Innovación e Tecnoloxía

A Cidade Tecnolóxica de Vigo (CITEXVI) atopase a 15 kilómetros do centro da cidade, nas Lagoas-Marcosende do Campus da Universidade de Vigo (https://maps.google.es/). Esta institución é importante porque leva a cabo unha serie de funcións, todas elas orientados á dinamización da tecnoloxía.  Entre elas, destaca a súa labor promotora de proxectos de I+D+i para atraer ao sector empresarial. Cooperan, colaboran e fomentan contratos, sobre todo, nos ámbitos de investigación, desenvolvemento e innovación, ademáis de proporcionar a experiencia que precisa a xuventude recén titulada. Contribúe ás telecomunicacións, tecnoloxías da información, enerxías e medio ambiente, ciencias mariñas, biomedicina e agroalimentarias.

Cómpre mencionar os variados servizos que oferta, asesorando as relación e apoio entre empresas, transferindo coñecemento tecnolóxico, difundindo unha cultura baseada na innovación, dando apoio aos emprendedores ou  xestionando axudas para novos proxectos.

Esta entidade conta, ademáis, coa colaboración de empresas como Energylab, Gradiant, IMATIA, Innovation S.L, o Laboratorio Europeo de Referencia de Biotoxinas marinas, AESAN ou  Phylogenomics….

Todos estos obxectivos lógranse mediante un uso exhaustivo de tecnoloxías que logran un desenvolvemento rápido de sistemas de información, administración electrónica e servizos de desarrollo e medida de software. Ademáis, non deixa de utilizar recursos tecnolóxicos de eficiencia ao medio ambiente, así como de difundilos para a industria, a construcción, o equipamento doméstico ou o transporte.

¿Pero que hai do persoal? ¿Quenes levan a cabo toda esta actividade? Pois actualmente hai unha enorme man de obra especializada en 260 grupos de investigadores, 30 dos cales calificados como grupos de excelencia, que acollen a licenciados en enxeñerías, Ciencias do Mar, Química…, en total suman unha plantilla de 1.628 persoas.

Dende logo, as construccións non poden quedar sen unha mención, xa que ademais do propio edificio, construido por autoridades da arquitectura e da estética, CITEXVI conta cunha gran variedade de infraestructuras. É salientábel o Edificio Fundación, que foi reconvertido co fin de albergar laboratorios de investigación e ámbitos tecnolóxicos.

CITEXVI é, sen dúbida, moi activa e dinámica, e nunca escasa de proxectos, conferencias, visitas… Recentemente celebrouse unha xornada organizada polo Centro de Excelencia de Vigo co fin de transferir coñecemento e valorar a colaboración entre empresas e universidades e o que contribúen estas a potenciar o tecido económico de Galicia. Nela, os participantes espuxeron as súas ideas, algunhas delas vinculadas coas enerxías renovables, a biotecnoloxía e a alimentación, que parecen estar dentro dos novos focos de interese na investigación realizada pola universidade.

Finalmente, merece ser destacado a súa labor solidaria, realizando campañas de recollida de alimentos non perecedeiros, que este ano fai fincapé na necesidade de productos infantiles como bolachas, cola cao, potitos, cereais, xel, colonias, etc e a súa invitación a todos os cidadáns a participar.

Na miña opinión todo o traballo levado acabo aquí é digno de admiración, non vos parece? Que diriades vós se fórades membros do congreso celebrado? Pensades en algo que poderiamos aportar nós como estudantes?

http://www.citexvi.es/