Wisibilízalas: 2º Edición

Os departamentos de Tecnoloxía e Ed. PVA participamos novamente 2ª edición de Wisibilízalas, convocatoria do Departamento ETIC da Universidade Pompeu Fabra cos seguintes obxectivos:

  • Xerar reflexión nos institutos sobre a menor visibilidade das mulleres en ciencia e tecnoloxía.
  • Dar visibilidade a mulleres que traballan no ámbito das TIC.
  • Potenciar as referencias femininas no ámbito da ciencia e da tecnoloxía.

A convocatoria consiste na creación dunha páxina web que describa a carreira de mulleres españolas e latinoamericanas contemporáneas que traballen no ámbito das TIC.

O alumnado participa con tres propostas de páxinas web:

“Mujeres TIC gallegas en la educación”: Web na que se visibiliza o papel de catro mulleres que pertencen a diferentes ámbitos da educación (universidade, primaria, secundaria, formación e innovación) e que desenvolven proxectos relacionados coas TIC.

mujeres TIC gallegas en la educaciónWisibilízalas: Mulleres galegas“: Web creada en html5, con recursos gráficos creados por alumnado de EPVA de 4º de ESO, na que se da a coñecer a mulleres referentes nas TIC en Galicia que desenvolven a súa actividade profesional na universidade, na investigación ou na empresa.

Mujeressteam“: Web na que se destaca o perfil de seis mulleres españolas e latinoamericanas relacionadas con áreas STEAM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñería, Artes e Matemáticas). Na web foron empregados fondos creados por alumnado de EPVA de 4º de ESO.

Mujeres STEAMO alumnado e profesorado participante, queremos expresar o noso agradecemento a todas as mulleres que colaboraron neste proxecto, moi especialmente a Carmen García Mateo, que nos acompañou na tarde do martes 9 de xaneiro no centro para falarnos de mulleres, Tecnoloxía, Ciencia, Universidade e da vida.