O 2013 é o ano da consolidación das impresoras 3D, que se están convertindo nunha revolución que cambiará moitas cousas no futuro.
Unha impresora 3D é unha máquina capaz de realizar “impresións” de deseños en tres dimensións creando maquetas ou pezas volumétricas a partir dun deseño feito por ordenador. Xorden coa idea de convertir arquivos CAD en prototipos reais. Funcionan cun sistema de control programado mediante un ordenador.
http://www.blogcdn.com/es.engadget.com/media/2012/09/09-20-2012form-1-on-desk00-1348689824.jpeg
As impresoras 3D ofrecen precisión e bríndannos a posibilidade de reproducir obxectos manufacturados sen ter que transportalos físicamente, algo que non deixa de ser unha especie de substituto do teletransporte.
As impresoras poden ser de adición, se por inxección de polímeros este material se añade por capas, ou de compactación, nas que unha masa de po se compacta mediante unha tinta aglomerante ou por láser. O que comezou como unha tecnoloxía para imprimir pequenos obxectos de plástico a partir dun arquivo tridimensional está comezando a saltar a outros ámbitos tan aparentemente lonxanos como a medicina ou a gastronomía.
http://img.xataka.com/2013/03/2013_03_04_Impresi%C3%B3n3D2.jpg
http://img.xataka.com/2013/03/2013_03_04_Impresi%C3%B3n3D4.jpg
¿Descargaremos nuns anos os mobles de Ikea á nosa impresora 3D? Non o sabemos, pero xa se está empregando a impresión de prótesis e de células embrionarias, un avance desenrolado pola Universidade Heriot Watt de Edimburgo.
A pesar de todas as vantaxes deste invento, neste momento o prezo das impresoras 3D está baixando tanto de prezo que por menos de 1000 euros podemos ter unha na nosa casa. Nun principio poderíamos dicir que é algo positivo, pero saltaron tódalas alarmas cando un estudante estadounidense de 25 anos conseguiu reproducir unha pistola en impresoras 3D. A arma chámase Liberator.
E vos, que pensades acerca das impresoras 3D? Que outros usos innovadores lle daríades? Que opinades acerca de Liberator? Se atopades máis información acerca das impresoras 3D comentádeo.
Fontes de información:
- http://tecnologia.elpais.com/tecnologia/2013/05/06/actualidad/1367825291_146636.html
- http://www.xataka.com/otros/tres-usos-que-daremos-a-las-impresoras-3d
- http://es.wikipedia.org/wiki/Impresora_3D
Post elaborado por : Paloma Mas Serrano, alumna de 4º A
Yo creo que aunque se le pueden encontrar un montón de ventajas a esta impresora 3D y que seguro se le encuentran más en los próximos años. Me parece que el riesgo de que la gente pueda llegar a construirse un arma en casa es algo a tener muy en cuenta y que podría ser perjudicar a este invento tan impresionante. Aunque también es verdad que se podrían llegar a hacerse cosas increíbles como una prótesis para alguien que no tenga dinero para algo mejor y necesite salir del paso.
Na miña opinión, como ben di Paloma, as impresoras 3D son un gran avance no mundo da tecnoloxía. Non sei se nun futuro poderemos descargar os mobles de Ikea coa nosa impresora pero o que si poderemos facer son múltiples funcións. As ventaxas máis destacadas sobre este invento é que moitos negocios veranse favorecidos como por exemplo os xoieiros. Tamén podemos facer réplicas de obxetos que necesitemos ou si se nos rompeu unha peza dun obxeto, podemos crear outra para recostruila.
Unha das poucas desventaxas que lle encontro a impresora 3D é a capacidade de creación de armas.
Para máis información sobre as impresoras 3D podedes consultar a seguinte páxina web: http://www.impresoras3d.com/