Os robots conquistan o espazo exterior

Os intentos e esforzos por lograr entender o que hai alá fóra e sobretodo por descubrir se algún día poderemos vivir fóra do noso planeta non cesan. Os xaponeses están a desenvolver un proxecto, tratase de un mini robot humanoide para enviar a Estación Espacial Internacional, pero neste caso quero falar da iniciativa desenvolta polos alemáns.
Os científicos do ZARM (Centro de Tecnoloxía Espacial Aplicada e Microgravidade) encóntranse desenvolvendo un par de robots que algún día poderían ser capaces de explorar cráteres lunares e buscar auga xeada. Este proxecto recibe o nome de RIMRES e acolle unha serie de robots de seis patas que lles permiten desprazarse lixeiramente e con relativa facilidade polas superficies dos planetas ou satélites inexplorados.
O primeiro robot deste proxecto é o coñecido como SHERPA, que ten unha lonxitude de 2,4 metros e ten un peso de 200 Kg. O desprazamento conséguese grazas a un tren híbrido entre rodas e pernas que contan cunha suspensión adaptativa. O seu principal deber é transportar outro robot máis pequeno CREX(Explorador de cráteres), ten unha lonxitude de 1 metro e pesa 27 Kg, é dicir, que é moito máis pequeno e lixeiro. A súa principal función é analizar as zoas máis interesantes do terreo.

 Este é un proxecto a longo prazo, xa que estamos como mínimo a algúns anos de que estes robots poidan ser enviados ao espazo e acheguen datos abondo como para desenvolver teorías ou solucións. Así e todo, sempre é interesante ver como avanza a tecnoloxía e a robótica co seu afán de descubrir o universo.

 Son unha boa idea estes robots? Lograremos descubrir o espazo con estes fenómenos tecnolóxicos?

Fontes de información:

Post creado por Alejandro Ferreiro de 4º B