Robots sensibles?

Boas compañeiros e compañeiras , buscando noticias asociadas á robótica atopei unha que me pareceu moi interesante: resulta que en Estados Unidos un grupo de enxeñeiros de Ciencia dos materiais e Enxeñería na Universidade Georgia Tech (EE.UU.), conseguiron crear una serie de sensores case tan sensibles á forza mecánica como a pel humana. O que pretenden é equipar a robots ou a próteses con un sentido do tacto moi parecido aos dos seres humanos. Que outras utilidades pensades que podería ter?

Este grupo de enxeñeiros descubriu que se incorporaban a nano electrónica sobre materiais flexibles e elásticos estes parecían cambiar a presión de maneira moi precisa imitando á pel humana. A sensibilidade de estes caracterízase por manterse ao deformar o material no que se aplica, isto quere dicir: pódense cultivar a temperaturas moi baixas e o rango de materiais que se poden utilizar e moi variado.

Estes sensores son capaces de transformar as sinais mecánicas en eléctricas. Son capaces de detectar a resistencia en resposta á forza ou presión aplicada. Todo isto é posible grazas aos nanofíos fabricados con cristais de óxido de cinc a escalas diminutas.

 

Que opinades? Pensades que conseguirán sacar este proxecto a diante? Impresiónavos o feito de que a ciencia este tan desenvolvida en estes campos? Invítovos a comentar e a deixar o voso comentario.

 

Fonte de información: http://www.technologyreview.es/read_article.aspx?id=42989

Post editado por: Marina Iris González, alumna de 4º A

 

 

3 reflexións sobre “Robots sensibles?

  1. Este avance é algo asombroso, custa pensar que un robot sexa capaz de ter o sentido do tacto coma o dun ser humano e ser capaces tamén de captar a temperatura do que toca. Creo que pode ter moitas aplicacións na vida das persoas pois poderían utilizarse como prótesis, conseguindo unha mellor adaptación de quen a necesite. Pero tamén para a manipulación de materiais, pois así os robots poden emplear a forza necesaria para usalos ou simplemente sostelos sen que corran risco de romper. Ademáis esta noticia lévame a pensar que podría haber outros avances na robótica que conseguiran desenvolver outros sentidos ademáis do tacto, como o do oído aínda que seguro, queda un camiño longo por percorrer

  2. Sen dúbida algunha, este avance tecnolóxico no mundo dos robots paréceme impresionante. Costa crer que haxa a posibilidade de que un robot, máquina deseñada polo ser humano, poida chegar a percibir o mesmo que percibimos nós e que sexa capaz de sentir o tacto, así como o sentimos nós.
    Buscando información sobre este tema, atopei algúns datos curiosos relacionados con esta novidade dos robots sensibles. Ao parecer, esta pel artificial, chamada e-skin, xa leva varios anos sendo estudada na Universidade de Tokio. O obxectivo é que os robots poidan sentir o seu entorno e evitar así posibles accidentes.
    Á parte do seu uso no campo da robótica, a facilidade para estirarse da e-skin tamén permitirá usala en situacións e lugares onde os cables convencionais poidan ter problemas ou romperse.
    Outras futuras aplicacións, moi interesantes, son a de aplicar este material aos volantes para que decidan se os condutores están en condicións ou non de conducir, e a posibilidade de usalo como unha prótese para a pel, aínda que esta última sexa algo moi lonxano.

  3. Coa tecnoloxía actual é fácil sacar a diante un robot con esas características e moitas outras cosas. A tecnoloxía avanzou moito nos últimos anos e cada vez fanse experimentos máis complexos cos anteriores. En canto ó experimento que mencionamos do sentido do tacto coma os dos seres humanos, tamén poden chegar a ver, oir e sentir e neste campo si que impresiona que a tecnoloxía esté tan desenvolvida e por eso hai tantos avances.Este proxecto conseguiran sacarlo adiante, penso eu e ademais se o consiguen será un paso moi importante no mundo da robótica.

Os comentarios están pechados.